domingo, 24 de xuño de 2018

ACTO DE GRADUACIÓN 2018

https://drive.google.com/open?id=1VbOAqzZ01xuIzh-RbjXnRoSWySbdVOzC

ENSINANZAS DEPORTIVAS CURSO 2018/2019

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2018/2019.

PRAZO: Do 19 de xuño ó 10 de xullo de 2018.
RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2018/19.


PROCESO DE ADMISIÓN EN FP CURSO 2018/2019


 

OFERTA DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O CURSO 2018/2019


CICLOS DE FP BÁSICOS, MEDIOS E SUPERIORES, réxime ORDINARIO:



CICLOS DE FP MEDIOS E SUPERIORES, réxime ADULTOS PRESENCIAL (oferta parcial por módulos):



CICLOS DE FP MEDIOS E SUPERIORES, réxime ADULTOS A DISTANCIA (oferta parcial por módulos):




CICLOS DE FP MEDIOS E SUPERIORES, réxime DUAL:


OFERTA DE MÓDULOS DOS PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS (FP Básica para alumnado con Necesidades Educativas Especiais):



 

sábado, 16 de xuño de 2018

martes, 12 de xuño de 2018

SORTE NAS ABAU

Queremos desexar moita sorte ao noso alumnado de 2º de bacharelato 
que está a punto de presentarse as ABAU.
Confiamos en vós, ten que saír ben. MOITA SORTE.

PREMIOS DOS LOGOTIPOS DE MEDIACIÓN

O venres tivo lugar a entrega de premios ao alumnado que participou no concurso de logotipo de mediación que contou coa colaboración do alumnado mediador. A todos os participantes asistentes se lle entregou un agasallo consistente nunha chapa co logo do instituto e aos gañadores os seus premios:
1º clasificado: Angel de 1º Bach, un cheque de 25 E e unha chapa
2º clasificado: Álvaro de 1º Bach, unha consumición e unha chapa
3º clasificado: Judith de 1º ESO, nada por non asistir. 

sábado, 9 de xuño de 2018

ITINERARIOS BACHARELATO CURSO 2018/2019

1º BACHARELATO
2º BACHARELATO


OPRIMIDO E OPRESOR


CALENDARIO CURSO 2018/2019

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no DOG o calendario escolar para o vindeiro curso 2018/19, para os centros sostidos con fondos públicos, polo que se fixan os períodos lectivos e vacacións correspondentes. 
 Deste xeito, para o alumnado matriculado en 2º ciclo de infantil, en primaria e en educación especial as clases comezarán o día 12 de setembro de 2018 e rematarán o 21 de xuño de 2019; mentres que para os matriculados en ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de réxime especial o día de inicio de curso será o 17 de setembro, que se alargará ata o 21 de xuño de 2019. Así mesmo establécense como períodos vacacionais Nadal, desde o 22 de decembro de 2018 ata o 7 de xaneiro de 2019 ambos inclusive; Entroido, os días 4, 5 e 6 marzo de 2019 e Semana Santa desde o 13 ata o 22 de abril de 2019. Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma así como o Día do Ensino, que se celebrará o 7 de decembro. Adaptación do calendario das probas extraordinarias de Bacharelato á ABAU O calendario escolar para o vindeiro curso tamén recolle a adaptación das datas das probas extraordinarias de 2º de Bacharelato ás previstas para a realización da proba de acceso á universidade (ABAU). Polo tanto, as probas extraordinarias de 2º de Bacharelato  realizaranse entre o 17 e o 21 de xuño de 2019. Deste xeito acomódanse perfectamente os calendarios do ensino non universitario e universitario logo do acordo da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) e as tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) de adiantar ao mes de xullo a realización da proba extraordinaria de acceso á universidade (ABAU), que ata o momento se vén realizando en setembro. 


CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES 2018/2019




Convócanse prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no próximo curso académico 2018/2019.



mércores, 6 de xuño de 2018

PROCESO ADMISIÓN UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS


O proceso de admisión á universidade é o proceso que tes que realizar para acceder a uns estudos universitarios. Si cumpres cos requisitos de acceso á universidade, podes realizar a admisión, coa finalidade de conseguir a praza universitaria nos estudos e centro desexado. 
Este proceso realízase normalmente entre os meses de xuño e xullo, aínda que pode haber cambios en función da Comunidade Autónoma. Para a admisión terás que reencher a solicitude de admisión na que poñerás, por orde de preferencia, que estudos queres cursar e en que centro desexas facelo. 
Este proceso de admisión telo que realizar por Internet ou de forma presencial, dependendo da Comunidade Autónoma, e serve para solicitar o acceso ás universidades públicas. No caso de que queiras acceder a unha universidade privada, terás que poñerche en contacto con ela directamente para coñecer como se realiza a admisión. 

https://www.educaweb.com/contenidos/educativos/estudios-universitarios/informacion-preinscripcion-acceso-universidades/