Os ninguéns na escola son tódolos nenos e as nenas que supoñen un número, un número asociado a recursos; pero tamén son os invisibles, os apáticos, os inconformistas, os inseguros, os vergoñentos, os movidos, os rápidos, os lentos. Tódolos que se saen da norma.
Continuamente, e case desde que nacemos, recibimos mensaxes sobre o amor que axudan a crear falsos mitos: que para ser felices temos que atopar a nosa media laranxa, que os celos son unha mostra de amor. Cando a realidade choca contra estes falsos mitos prodúcese unha frustración que provoca infelicidade e que, en casos extremos, pode derivar en violencia de xénero.
Hoxe, venres 16 de marzo, estivo en Vigo impartindo un taller "ISO NON É AMOR" a estudantes da ESO no VERBUM.
Marroquí deu aos menores unha serie de ferramentas para detectar precozmente a violencia de xénero e para que desenvolvan unha mentalidade crítica fronte ao machismo. A educadora social advertiu de moitas cousas aos rapaces e rapazas, e regalou aos asistentes o "Termómetro da violencia", para que lles sirva de guía.
Esta semana comezamos a formación en MEDIACIÓN ESCOLAR. Un grupiño de alumnos e alumnas de diferentes cursos da ESO e BACH, xunto co orientador do centro, iniciamos un camiño no traballo de MEDIACIÓN. Anteriormente fixemos o curso de ALUMNADO AXUDANTE, e resultou moi ben.
Para esta nova actividade de convivencia contamos coa colaboración de Bibiana de Alicce, que é a encargada de formarnos.
Os luns a mediodía quedamos a comer no instituto e logo continuamos ás 15:00 h coa formación ata as 16:30 h.
Días de formación: 12 e 19 de marzo, 23 de abril e 7 de maio 2018.
Esperamos que sexa de interese e que aprendamos moitos.
Hoxe tivemos a segunda xuntanza da ESCOLA DE PAIS/NAIS do IES A GUÍA. María foi a encargada de darnos hoxe un pouco de información sobre A FAMILIA COMO FACTOR PROTECTOR FRONTE ÁS DROGRAS. Aproveitando que o alumnado está traballando nas titorías a prevención de drogodependencia, organizamos este tema tamén para pais/nais. Estivo interesante e aprendemos algunhas cousas.
Doulle as grazas á relatora María e ás nais/pais que asistiron hoxe a reunión.
Hoxe, día 7 de marzo de 2018, no salón de actos do centro e co alumnado de 1º, 2º e 3º ESO tivemos unha charla moi interesante sobre a IGUALDADE NAS PROFESIÓNS. Para iso contamos coa colaboración dalgunhas mulleres que tiveron a xentileza de colaborar con nós: Margarita, Gloria, Isabel, Mª Carmen, Silvia, Loli e Vanessa; cada unha delas cunha profesión diferente: directora de recursos humanos, condutora autobuses, sindicalista, interventora, policia local, taxista e militar. Contáronos como foi a súa carreira profesional, a situación da muller nestes momentos na súa profesión, como foron os seus comezos laborais, dificultades que atoparon, ... unha charla da que aprendemos moitos e da que esperamos que lle saquedes partido.
O obxectivo era a de romper estereotipos no mundo laboral, e que deixemos de asociar as profesións a un xénero determinado. E como dicían elas "cada muller pode chegar a ser aquilo que se propoña".
Grazas a todas elas pola súa colaboración desinteresada e a todo o alumnado e profesorado polo intersese mostrado.
Onte no instituto tivemos no salón de actos a reunión de orientación académica para o alumnado de 2º de ciclos superiores (CS animación en actividades físicas e deportivas e CS comercio internacional) que ten como obxectivo acceder a universidade.
Os estudantes que posúan un título oficial de Técnico Superior de Formación Profesional, de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior, ou con títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados no Sistema Educativo Español, poderán acceder á Universidade.
As solicitudes ordenaranse segundo a nota media do Título de Técnico Superior realizado, sobre un máximo de 10.
Tendo en conta que a nota de acceso á Universidade pode ser de 14 puntos, os que desexen mellorar a súa nota de admisión aos estudos de grado, poderán facelo concorrendo á parte voluntaria da ABAU.
Esta proba é voluntaria, e o estudante pode presentarse ata un máximo de catro materias de entre as de modalidade do segundo curso de bacharelato, podendo obter ata 4 puntos. A cualificación das materias desta proba terá validez durante os dous cursos académicos seguintes á superación das mesmas.
DESCRICIÓN:
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca ata 1.560 axudas para
participar no Programa Campus Científicos de Verán para alumnos de 4º ESO ou 1º
BACH, na especialidade de Ciencias e Tecnoloxía.
DATAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Os Campus terán lugar entre o 1 e o 28 de xullo de 2018, en catro quendas
de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado ao mediodía,
segundo o seguinte calendario:
Primeira quenda: Para estudantes de 1º BACH. Do 1 ao 7 de xullo.
Segunda quenda: Para estudantes de 1º BACH. Do 8 ao 14 de xullo.
Terceira quenda: Para estudantes de 4º ESO. Do 15 ao 21 de xullo.
Cuarta quenda: Para estudantes de 4º ESO. Do 22 ao 28 de xullo.
Desenvolveranse en laboratorios e departamentos de investigación adscritos aos
Campus de Excelencia Internacional de universidades:
Universidade Autónoma de Madrid, Universidade de Castilla-A Mancha,
Universidade de Granada, Universidade de Estremadura, Universidade das Palmas
de Gran Canaria, Universidade de Murcia/Universidade Politécnica Cartagena,
Universidade de Oviedo, Universidade de Salamanca, Universidade de Santiago de Compostela,
Universidade de Sevilla, Universidade de Valencia/Universidade Politécnica de
Valencia, Universidade de Valladolid, Universidade de Vigo.
REQUISITOS:
- Estar cursando, no ano académico 2017-2018, 4º ESO (opción ensinos académicos
con materias de Bioloxía e Xeoloxía ou Física e Química, ou na opción de
ensinos aplicados cursando "Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional)
ou 1º BACH da modalidade de Ciencias.
- Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 2000.
- Non ser adxudicatario dunha axuda, habendo participado nun proxecto, en
edicións anteriores do Programa Campus Científicos de Verán.
- Haber cursado no sistema educativo español, o curso escolar 2016-2017, habendo
obtido unha nota media igual ou superior a 8,5 puntos.
SOLICITUDES:
As solicitudes de participación deberanse cumprimentar mediante o formulario
accesible por vía telemática a través da dirección electrónicawww.campuscientificos.es. Unha vez cumprimentado o formulario enviarase
telemáticamente ou tamén se poderá presentar a solicitude impresa.
O prazo de presentación :ata o 9 de marzo de 2018 ás 15,00h.
PREZO:
Os estudantes que obteñan praza deberán abonar a cantidade de 85 euros, en
concepto de matriculación.
DOTACIÓN:
O importe da axuda será transferido polo Ministerio de Educación, Cultura e
Deporte á Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). A axuda
cobre os gastos de materiais, actividades complementarias, aloxamento,
asistencia de monitores, manutención e seguro de accidentes e responsabilidade
civil.
Corre a cargo do beneficiario o traslado ao campus asignado desde o seu
lugar de orixe e os gastos non derivados do programa. BOE