mércores, 8 de marzo de 2017

domingo, 5 de marzo de 2017

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora. Como cada ano, esta data é ante todo un pretexto para chamar a atención achega dos problemas da muller e as situacións reais de discriminación que moitas delas sofren fronte aos homes. Aínda que se deron moitos pasos cara á igualdade, un dos campos nos que queda aínda moito por facer é o mundo do traballo. Ata fai apenas unhas décadas, moitos sectores laborais permanecían pechados para as mulleres e aínda hoxe, moitos consideran que hai traballos propios de mulleres e ocupacións que deberían ser só para homes. 


O 8 de marzo, foi declarado pola ONU, en 1977, como o Día Internacional polos Dereitos da Muller. É una das conmemoracións recollidas no calendario escolar. Por iso, facemos esta proposta de traballo para a titoría. Este ano, propoñemos partir da situación sufrida por MALALA, a rapaza paquistaní tiroteada por defender os dereitos das rapazas do seu país, en especial o dereito a ir á escola. Agora premio Novel da Paz. 
Deixovos uns videos para visionar nas titorias.

COMO SE CHAMA?

venres, 3 de marzo de 2017

CINENSINO

Hoxe, o alumnado de 1º e 2º ESO estivemos no cine, CINENSINO, xunto co profesorado titor e o orientador do centro. A película encantounos, EL NOVATO, unha película francesa.
Benoit é un mozo de catorce anos que experimenta un gran cambio na súa vida cando a súa familia decide mudarse a Paris. Afastado da súa vida no campo, terá que poñer todo do seu parte por intentar facer amigos no seu novo instituto, algo que non será nada fácil e provocará que rápidamente séntase marxinado. Tras un tempo sen ver evolucionar a súa vida social, Benoit dáse conta de que non é o único recentemente chegado, unha moza sueca chamada Johanna incorpórase ao colexio despois que el. Para achegarse a ela, o protagonista decide dar unha festa na súa casa e invitar a todos os seus compañeiros, coa mala sorte de que só os tres empollones da súa clase asisten ao evento. Malia isto, a festa convértese nunha divertida e improvisada noite xunto aos seus novos amigos Aglaée, Rede Head e Constantin. Pero cando parece que a súa vida social volve ser a que era, os mozos máis populares da escola queren que se una ao seu grupo, o que lle levará a tomar a decisión de dar de lado aos seus amigos e irse con estes últimos.

  
 

XORNADA DE ACOLLIDA PARA 1º BACHARELATO

Onte xoves, estiveron de visita no noso instituto oa alumnos e alumnas do CPR Possumus acompañados da súa orientadora,  explicouselle como é a etapa de bacharelato no noso centro, itinerarios, ciclo medio de comercio, ... e coa colaboración do alumnado axudante de 1º de bacharelato, mostrámoslles as instalacións e explicáronlle os pormenores do noso instituto.
Este mesmo día impartiuse a charla ao alumnado de 4º ESO e pola tarde informouse a todos os pais e nais do alumnado nunha presentación que tivo lugar ás 19:00 h.
Darlle as grazas ao alumnado axudante Fran, Lois e Sabela cola súa colaboración.



mércores, 1 de marzo de 2017

RACISMO?

Realizan un experimento social. 
Unha actriz invita a persoas da rúa a participar nun sorteo ficticio. No transcurso, outra actriz intervén e desencadéase unha discriminación. O experimento repetiuse 23 veces. Interviñeron 42 persoas. Algunhas se calaron, outras apoiaron á agresora, pero a maioría defendeu á vítima. 

FEIRA DAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS E PROFESIONAIS

 O  9 e o 10 de marzo (xoves e venres) celébrase en Vigo a 3ª FERIA DE ENSEÑANZAS ARTÍSTICAS Y PROFESIONALES na Estación Marítima de Vigo.
Horario de 9:00 ás 14:00 h e de  16:00 ás 19:00h. Entrada gratuita.

A INTELIXENCIA EMOCIONAL

martes, 28 de febreiro de 2017

ACOSO ESCOLAR

FICHA DE TRABALLO CO ALUMNADO

Fonte: ORIENTABLOG 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva


Beneficiarios
Alumnado de centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia e que estea cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato. 

Nº de prazas: 682

O prazo para a presentación de solicitudes será do 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído) 




luns, 27 de febreiro de 2017

O SOCIOGRAMA: UNHA TÉCNICA PARA COÑECER AS RELACIÓNS SOCIAIS NA AULA

O sociograma constitúe un instrumento eficaz para coñecer as relacións sociais internas que se dan no aula e que a primeira ollada poden pasar desapercibidas para o profesorado. O obxectivo de coñecer estas dinámicas sociais é intervir intencionalmente para previr e/ou modificar situacións conflictivas que se poidan presentar.




 

sábado, 25 de febreiro de 2017