Hoxe, o alumnado de 1º e 2º ESO estivemos no cine, CINENSINO, xunto co profesorado titor e o orientador do centro. A película encantounos, EL NOVATO, unha película francesa.
Benoit é un mozo de catorce anos que experimenta un gran cambio na súa vida cando a súa familia decide mudarse a Paris. Afastado da súa vida no campo, terá que poñer todo do seu parte por intentar facer amigos no seu novo instituto, algo que non será nada fácil e provocará que rápidamente séntase marxinado.
Tras un tempo sen ver evolucionar a súa vida social, Benoit dáse conta de que non é o único recentemente chegado, unha moza sueca chamada Johanna incorpórase ao colexio despois que el. Para achegarse a ela, o protagonista decide dar unha festa na súa casa e invitar a todos os seus compañeiros, coa mala sorte de que só os tres empollones da súa clase asisten ao evento.
Malia isto, a festa convértese nunha divertida e improvisada noite xunto aos seus novos amigos Aglaée, Rede Head e Constantin. Pero cando parece que a súa vida social volve ser a que era, os mozos máis populares da escola queren que se una ao seu grupo, o que lle levará a tomar a decisión de dar de lado aos seus amigos e irse con estes últimos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario