xoves, 30 de marzo de 2017

APAMP



"Somos, estamos e contámoscho" é un proxecto que consiste en difundir a realidade e os dereitos das persoas con parálisis cerebral desde a súa propia perspectiva. Para iso, levouse a cabo unha charla de sensibilización a través da cal deuse a coñecer que é a parálisis cerebral, consecuencias e causas, así como o día a día das persoas que forman parte deste colectivo.  SEmpre en primeira persoa. A charla estaba destinada a alumnos de secundaria en diante. E alí estábamos nós, os alumnos e alumnas de 3º e 2º ESO do IES A GUÍA, apoiando a este colectivo que merece toda a nosa admiración polo seu esforzo de superación. 
Hoxe foi un día especial para todos nós, e dende aquí quero felicitar ao noso alumnado, alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO que souperon estar a altura da circunstacia. Parabens rapaces e rapazas. 

https://drive.google.com/open?id=0B_1TkBrQ0c6yVHpjaGV2MHZrV3c

Ningún comentario:

Publicar un comentario