sábado, 13 de maio de 2017

HORARIO ABAU 2017



12-26 xuño (ata as 14.00h. do día 26) apertura do plazo de matrícula anticipada para as ABAU 2017 AQUÍ
Horario ABAU 2017 AQUÍ

Convocatoria de matrícula na proba de Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade -Convocatoria Ordinaria xuño 2017 VER

Ponderacións das materias da parte voluntaria da ABAU 2017 VER
(nota aclaratoria: Para o alumnado coa PAU superada no 2016, as materias a ponderar son aquelas que superou na Fase Específica de calquera das convocatorias da PAU-2016, segundo a Táboa de Ponderacións aprobada e publicada (DOG nº 90 de 12/05/2016) para o acceso á universidade no curso 2016-2017; que para este alumnado ten validez tamén para o acceso 2017-2018).


Instrucións para a realización, dentro do curso 2016/17, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2017/18 VER

Calendario ABAU 2017 e acceso curso 2017/2018 VER
Oferta de prazas 2017 VER
Notas de corte 2016 VER

FONTE: CIUG 

xoves, 4 de maio de 2017

OFERTA DE PRAZAS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2017/2018

A Comisión Interuniversitaria de Galicia acaba de publicar na súa web a oferta de títulos e prazas na universidade para o curso 2017/2018 

 


martes, 2 de maio de 2017

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR


O Día Internacional contra o acoso escolar coñecido tamén como Día contra o Bullying conmemórase o 2 de maio. Trátase dunha campaña de concienciación sobre un problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo. 
Orixe 
Asociacións de Pais e numerosas Ong´s de todo o mundo acordaron a celebración deste día para concienciar á poboación sobre os riscos que pode causar o Bullying ou acoso entre os escolares así como divulgar diversos métodos para evitar que esta situación ocorra. Bullying ou acoso escolar.
O bullying é definido como a inxustiza ou abuso de poder que sofren os escolares nas aulas. Os nenos ou mozos que se sofren acosos escolar por parte doutros estudantes ou son testemuñas de situacións de violencia de forma reiterada teñen un menor rendemento académico a curto e a longo prazo. Esta situación pode acentuarse ao longo do tempo e provocar na persoa afectada unha depresión que pode levarlle a non asistir a clase e deixar os estudos. 

domingo, 30 de abril de 2017

XORNADA DE CONVIVENCIA

Este curso xa rematamos a formación do alumnado axudante, e como punto e seguido a este traballo, tivemos unha xornada de convivencia de todos os alumnos/as axudantes máis un grupo de alumnado convidado polos rapaces e rapazas que participaron nesta actividade.
Estivemos na provincia de Ourense, nun pobo chamado SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS, alí fixemos unha pequena andaina para coñecer unha lenda, o forno da santa (basílica inacabada da Asunción) donde Manuel, un experto nesta zona nos contou un pouco a historia diste templo, o castro de Armea, o monte do Señoriño. Logo estivemos coñecendo ALLARIZ, comemos e divertímonos, e xa pola tarde, tempo de relax nas pozas de Outariz (OURENSE).
Un pracer compartir momentos coma estes. 


https://drive.google.com/open?id=0B_1TkBrQ0c6yaE1LOWZiSGVqS3c


ALUMNADO AXUDANTE


XA TEMOS ALUMNADO AXUDANTE!
 
No presente curso 2016/2017, no IES A GUÍA, desde o departamento de orientación e coa colaboración de DIVERSIDADES, impartiuse un curso para formar ALUMNADO AXUDANTE, unha figura moi importante para a convivencia do centro. 
O papel do alumnado axudante é o dun observador da vida escolar e colaborador e moitas actividades de convivencia. Tamén permite a anticipación, e polo tanto, axuda a previr e a evitar situacións de conflito que poidan xurdir nas aulas. 
Mantéñense reunións periódicas de todos os últimos venres de cada mes ou cando se precise no salón de actos co alumnado axudante para trasladar propostas ou posibles problemáticas. Neste curso participaron alumnos e alumnas anotados, despois dun bo traballo na aula de motivación por parte dos titores e titoras do noso centro e do orientador.

TITORIAIS PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE


 
SIOPE de Vigo (Sección de Información, Orientación e Promoción da/o Estudante) fai uns días publicou unha recopilación de vídeos titoriais moi interesantes que vos poden axudar a respostar aquelas dúbidas que vos plantexades  do aceso á universidade, aos estudos universitarios.

sábado, 22 de abril de 2017

O OUTRO PAR

 Proposta para traballalas nas titorias da ESO.
A película exipcia "o outro par", recomendada pola profesora de debuxo, con só 4 minutos de duración, gañou o premio ao mellor cortometraxe do festival de cine. A Directora ten 20 anos de idade. A Lei do retorno. E pareceume bonito máis que o nome do curto, O outro par, é o dar. E cando ademais un é honesto máis aló da súa clase social, ese dar volve.

PROBAS DIAGNÓSTICA NA ESO

As probas diagnósticas de primaria e secundaria, que serán mostrais, realizaranse a finais de maio. 
Os resultados obtidos non repercuten en ningún caso nas cualificacións obtidas polos alumnos no curso escolar nin contan para o expediente académico. 
Avaliación de 4º curso ESO: os días 23 e 24 de maio. 
Ao redor de 70 centros seleccionados en base aos correspondentes criterios técnicos. As competencias avaliadas serán a matemática, a lingüística (en galego, en castelán e en lingua estranxeira), e a competencia social e cívica. 

xoves, 20 de abril de 2017

CINENSINO: FÁTIMA

Día de cine: o día 4 de maio ás 11:30 h, para o alumnado de 1º e 2º ESO
Película no cine salesianos ás 12:00 h.

Sinopsis

Fátima é unha muller inmigrante que vive en Francia xunto ás súas dúas fillas: a rebelde adolescente de quince anos Souad e Nesrine, que aos seus dezaoito anos acaba de comezar a carreira de medicina. Fátima non sabe falar ben francés e está preocupada polo futuro das súas fillas, que son o seu orgullo e alegría, pero tamén a causa de que perda o soño. Para poder pagar os seus estudos traballa sen descanso como limpiadora, pero un día sofre un accidente que lle obriga a gardar repouso. Entón aproveitará ese momento para escribir ás súas fillas en árabe, para así poder dicirlles todo aquilo que nunca puido expresar en francés.

luns, 17 de abril de 2017

DINÁMICAS GRUPAIS PARA TRABALLAR CON ADOLESCENTES

https://drive.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbVzV1UjdOWU93QVE/view

ABAU 2017


TI ELIXES - INFORMACIÓN PARA FUTUROS UNIVERSITARIOS

Guía necesaria para futuros estudantes de universidade que reúne a información básica que debes coñecer si queres acceder a estudos superiores en Galicia. 
Este documento está elaborado polo CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil da Coruña). A guía sérvenos de referencia para informarnos sobre o acceso a estudos superiores no próximo curso 2017-2018. 
Aquí atoparás información sobre: Titulacións Universitarias en Galicia, notas de corte, información da proba ABAU e calendario, parámetros de ponderación, acceso á universidade co título de Técnico Superior, información sobre aloxamentos das universidades do SUG, Webs das universidades públicas e privadas de todo ou estado, Webs de aloxamentos das universidades do resto do estado, centros de FP na Coruña, ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño, estudos Superiores de Deseño, Webs de bolsas e axuda.

https://drive.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbT3F5MW5qWEZkcUU/view

PROFESOR/A INOLVIDABLE