XA TEMOS ALUMNADO AXUDANTE!
No presente curso 2016/2017, no IES A GUÍA, desde o departamento de orientación e coa colaboración de DIVERSIDADES, impartiuse un curso para formar ALUMNADO AXUDANTE, unha figura moi importante para a convivencia do centro.
O papel do alumnado axudante é o dun observador da vida escolar e colaborador e moitas actividades de convivencia. Tamén permite a anticipación, e polo tanto, axuda a previr e a evitar situacións de conflito que poidan xurdir nas aulas.
Mantéñense reunións periódicas de todos os últimos venres de cada mes ou cando se precise no salón de actos co alumnado axudante para trasladar propostas ou posibles problemáticas.
Neste curso participaron alumnos e alumnas anotados, despois dun bo traballo na aula de motivación por parte dos titores e titoras do noso centro e do orientador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario