O 18 de decembro de 2007, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas adoptou a resolución 62/139, e instaurou o 2 de abril como Día Mundial da Concienciación ao Autismo instando aos Estados Membros, as organizacións competentes do sistema das Nacións Unidas e outras organizacións internacionais, a que observen debidamente este día e tomen as medidas para a toma de conciencia a través da sociedade sobre os nenos con autismo.
Desde entón, o movemento asociativo do autismo de todo o mundo celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo co obxecto de concienciar á sociedade sobre este tipo de trastorno e promover a inclusión social das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).
O tema elixido en 2017 por Nacións Unidas para celebrar este ano é "Cara á autonomía e a autodeterminación".
Cada ano, o movemento asociativo do autismo en España súmase a este día e súmase á campaña de sensibilización e concienciación promovida desde Autismo Europa. Este ano 2017 o tema elixido é "Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Construamos unha sociedade accesible".


Ningún comentario:
Publicar un comentario