xoves, 19 de marzo de 2020
mércores, 18 de marzo de 2020
APRAZADA A ABAU 2020
O Ministerio de Educación e FP e o de Universidades, de acordo coas comunidades autónomas, decidiron que as probas de avaliación para o acceso á universidade (ABAU en Galicia), si se celebrarán este curso, pero non nas datas previstas.
Debido á suspensión de clases xerada pola alerta sanitaria do COVID-19, acordouse un adiamento da selectividade, cuxa primeira convocatoria debía celebrarse este ano antes do 18 de xuño. Ese calendario flexibilizarase, aínda que polo momento non hai nova data para a realización dos exames. En consonancia, tamén se adaptará o calendario de matrícula universitaria en función do da proba.
Así se acordou na reunión telemática da Comisión Xeral da Conferencia de Educación, celebrada hoxe entre representantes dos ministerios, das comunidades autónomas e da CRUE (o organismo que reúne aos reitores das universidades españolas).
Todos eles comprometéronse a traballar na procura de novas datas, tanto para a convocatoria ordinaria como para a extraordinaria da selectividade 2020.
Nese sentido, os representantes da CRUE expuxeron como importante que o adiamento das probas «non vaia máis aló da primeira semana de xullo para garantir o correcto desenvolvemento do seu corrección e os subseguintes trámites administrativos».
Tamén fixeron un chamamento a «despexar canto antes a incerteza», aínda que sen tomar decisións «precipitadas”
Quedan suspendidos e interrompidos todos os prazos relativos ás probas de acceso á universidade para persoas maiores de 25 anos e ás probas de acceso á universidade para persoas maiores de 45 anos.
luns, 16 de marzo de 2020
PROBAS DE ACCESO Ó GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE NA UNIVERSIDADE DE VIGO 2020-2021
Quen desexe acceder ao Grado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Uvigo, ademais de solicitar a admisión (preinscripción) a través dos procedementos telemáticos que estableza a CIUG, terá que realizar as probas específicas de aptitude.
Non terá que realizar esta proba:
- Quen teña superadas as probas no ano anterior á convocatoria, en calquera facultade do sistema universitario español.
- Quen estea acreditado como deportista de alto nivel ou de alto rendemento polo Consello Superior de Deportes ou polo organismo competente da comunidade autónoma.
PROBAS DE MAIO E
XUÑO 2020
Presentación de solicitudes:
do 5 de marzo ao 22 de abril
Realización das probas
físicas:
1ª data:
22 de maio;
2ª data: 18 de xuño
PROBAS DE ACCESO Ó GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA 2020-21
Inscricións:
- 1ª data: 18 de abril: inscrición do 12 de febreiro ao 6 de marzo ás 14:00 h (ambos inclusive)
- 2ª data: 17 de xuño: inscrición do 30 de marzo ao 15 de maio ás 14:00 h (ambos inclusive).
Prezo:
O importe
dos dereitos de exame será de 63,67 €, máis 6 € en concepto de seguro de
accidentes.
O pagamento
dos dereitos de exame permitirá presentarse ás dúas oportunidades (abril e
xuño); en caso de concorrer á segunda oportunidade, só haberá que aboar
novamente o seguro de accidentes.
Requisitos:
- Ademais das persoas que reúnan os requisitos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, poderá presentarse ás probas específicas de acceso quen estea cursando o bacharelato ou un Ciclo Formativo de Grao Superior.
- De acordo co disposto no artigo 9 do RD 971/2007, do 13 de xuño, sobre deportistas de alto nivel e de alto rendemento, estes deportistas están exentos de realizar estas probas.
- Os aspirantes que obtiveron a cualificación de "apto" nas probas específicas de acceso que tiveron lugar no ano 2018 e 2019, non terán que realizalas novamente nesta convocatoria, sen prexuízo de cumprir coa normativa para o acceso e admisión á universidade.
ORIENTACIÓNS PARA A CRISE DO CORONAVIRUS
Unhas orientacións para a xestión psicolóxica da corentena
por CORONAVIRUS dadas polo colexio oficial das psicoloxía de Madrid.
martes, 10 de marzo de 2020
MILA LÓPEZ PIONEIRA DO HANDBIKE
Hoxe, martes 10 de marzo de 2020, aproveitando a semana de sensibilización coa discapacidade e conmemorando o día 8 de marzo, é un pracer ter no noso centro a unha muller da talla da MILA LÓPEZ.
Pola mañá, no salón de actos do instituto, un bo grupo de alumnos/as e profesores/as estivemos falando con MILA LÓPEZ, que ten varios títulos ás súas costas na modalidade de HANDBIKE, entre os que destacan, a copa de España e o campionato de España.
domingo, 8 de marzo de 2020
sábado, 7 de marzo de 2020
PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS
Do 2 ao 13 de marzo de 2020 está aberto o prazo para inscribirse nas probas de acceso a ciclos de grao medio. Na seguinte presentación podedes ver os requisitos, características da proba e os lugares de inscrición.
A ENTREVISTA - TODO FP
No portal de TODO FP podes atopar moitos recursos de orientación laboral para a búsqueda de emprego, como por exemplo vídeos con orientación para superar con éxito as entrevistas de traballo: entrénate para unha entrevista de traballo, comunicación non verbal, a presentación, información persoal, formación, experiencia profesional, posto de traballo, a despedida.
ADMISIÓN E MATRÍCULA
Reserva de praza para o centro ao que se estea adscrito
|
Do 1 ao 17 de febreiro
|
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate
|
Última semana de febreiro
|
Publicación de postos escolares vacantes
|
Antes do 1 de marzo
|
Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión (alumnado que
cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos
superiores nun centro non adscrito)
|
Do 1 ao 20 de marzo
|
Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo
|
10 días hábiles contados
a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as
solicitudes de admisión
|
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non
admitidas
|
Antes do 25 de abril
|
Reclamacións (realizarase ante o Consello Escolar nos centros
públicos, e ante o titular nos centros privados concertados)
|
Prazo máximo de 5 días
hábiles a partir do día seguite á súa publicación
|
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas
|
Antes do 15 de maio
|
Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria
|
Do 20 ó 30 de xuño
|
Formalización da matrícula en ESO e bacharelato
|
Do 25 de xuño ó 10 de
xullo
|
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato
|
Do 1 ó 10 de setembro
|
Fonte: Mónica Diz Orienta
venres, 6 de marzo de 2020
XOGAR COMA UNHA NENA
Chegou o día, e foi onte cando estreamos a curta protagonizada polo alumnado mediador do instituto e alumnas e profesoras deportistas do centro.
Deixovos aquí unhas fotos do evento, no que houbo, alfombra vermella, entradas de cine, acomodadores, porteiros, tecnicos de video, ... e moita xente. Pasámolo ben.
Desde o departamento de orientacion damos as grazas a todos e a todas pola vosa colaboración.
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
CONVIVENCIA,
ORIENTACIÓN
XOGO: AS MULLERES NO DEPORTE
Este ano para conmemorar o día internacional da muller, que se vai celebrar o domingo 8 de marzo, organizamos para o alumnado de ESO e FPB un xogo sobre as mulleres no mundo deportivo.
O alumnado xunto co seu titor/a traballou previamente aspectos relacionados coa vida deportiva de un grupo de mulleres. Logo elaborouse un díptico para que o alumnado costestase a preguntas que podían buscar en diferentes paneis colocados polos pasillos e entrada do instituto.
Eu creo que a maioría disfrutou da actividade e a totalidade do alumnado aprendeu algo sobre AS MULLERES NO DEPORTE.
A MULLER NO DEPORTE
martes, 3 de marzo de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















