Continuamente, e case desde que nacemos, recibimos mensaxes sobre o amor que axudan a crear falsos mitos: que para ser felices temos que atopar a nosa media laranxa, que os celos son unha mostra de amor. Cando a realidade choca contra estes falsos mitos prodúcese unha frustración que provoca infelicidade e que, en casos extremos, pode derivar en violencia de xénero.
Hoxe, venres 16 de marzo, estivo en Vigo impartindo un taller "ISO NON É AMOR" a estudantes da ESO no VERBUM.
Marroquí deu aos menores unha serie de ferramentas para detectar precozmente a violencia de xénero e para que desenvolvan unha mentalidade crítica fronte ao machismo. A educadora social advertiu de moitas cousas aos rapaces e rapazas, e regalou aos asistentes o "Termómetro da violencia", para que lles sirva de guía.
Esta semana comezamos a formación en MEDIACIÓN ESCOLAR. Un grupiño de alumnos e alumnas de diferentes cursos da ESO e BACH, xunto co orientador do centro, iniciamos un camiño no traballo de MEDIACIÓN. Anteriormente fixemos o curso de ALUMNADO AXUDANTE, e resultou moi ben.
Para esta nova actividade de convivencia contamos coa colaboración de Bibiana de Alicce, que é a encargada de formarnos.
Os luns a mediodía quedamos a comer no instituto e logo continuamos ás 15:00 h coa formación ata as 16:30 h.
Días de formación: 12 e 19 de marzo, 23 de abril e 7 de maio 2018.
Esperamos que sexa de interese e que aprendamos moitos.
Hoxe tivemos a segunda xuntanza da ESCOLA DE PAIS/NAIS do IES A GUÍA. María foi a encargada de darnos hoxe un pouco de información sobre A FAMILIA COMO FACTOR PROTECTOR FRONTE ÁS DROGRAS. Aproveitando que o alumnado está traballando nas titorías a prevención de drogodependencia, organizamos este tema tamén para pais/nais. Estivo interesante e aprendemos algunhas cousas.
Doulle as grazas á relatora María e ás nais/pais que asistiron hoxe a reunión.
Hoxe, día 7 de marzo de 2018, no salón de actos do centro e co alumnado de 1º, 2º e 3º ESO tivemos unha charla moi interesante sobre a IGUALDADE NAS PROFESIÓNS. Para iso contamos coa colaboración dalgunhas mulleres que tiveron a xentileza de colaborar con nós: Margarita, Gloria, Isabel, Mª Carmen, Silvia, Loli e Vanessa; cada unha delas cunha profesión diferente: directora de recursos humanos, condutora autobuses, sindicalista, interventora, policia local, taxista e militar. Contáronos como foi a súa carreira profesional, a situación da muller nestes momentos na súa profesión, como foron os seus comezos laborais, dificultades que atoparon, ... unha charla da que aprendemos moitos e da que esperamos que lle saquedes partido.
O obxectivo era a de romper estereotipos no mundo laboral, e que deixemos de asociar as profesións a un xénero determinado. E como dicían elas "cada muller pode chegar a ser aquilo que se propoña".
Grazas a todas elas pola súa colaboración desinteresada e a todo o alumnado e profesorado polo intersese mostrado.
Onte no instituto tivemos no salón de actos a reunión de orientación académica para o alumnado de 2º de ciclos superiores (CS animación en actividades físicas e deportivas e CS comercio internacional) que ten como obxectivo acceder a universidade.
Os estudantes que posúan un título oficial de Técnico Superior de Formación Profesional, de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior, ou con títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados no Sistema Educativo Español, poderán acceder á Universidade.
As solicitudes ordenaranse segundo a nota media do Título de Técnico Superior realizado, sobre un máximo de 10.
Tendo en conta que a nota de acceso á Universidade pode ser de 14 puntos, os que desexen mellorar a súa nota de admisión aos estudos de grado, poderán facelo concorrendo á parte voluntaria da ABAU.
Esta proba é voluntaria, e o estudante pode presentarse ata un máximo de catro materias de entre as de modalidade do segundo curso de bacharelato, podendo obter ata 4 puntos. A cualificación das materias desta proba terá validez durante os dous cursos académicos seguintes á superación das mesmas.
DESCRICIÓN:
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca ata 1.560 axudas para
participar no Programa Campus Científicos de Verán para alumnos de 4º ESO ou 1º
BACH, na especialidade de Ciencias e Tecnoloxía.
DATAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Os Campus terán lugar entre o 1 e o 28 de xullo de 2018, en catro quendas
de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado ao mediodía,
segundo o seguinte calendario:
Primeira quenda: Para estudantes de 1º BACH. Do 1 ao 7 de xullo.
Segunda quenda: Para estudantes de 1º BACH. Do 8 ao 14 de xullo.
Terceira quenda: Para estudantes de 4º ESO. Do 15 ao 21 de xullo.
Cuarta quenda: Para estudantes de 4º ESO. Do 22 ao 28 de xullo.
Desenvolveranse en laboratorios e departamentos de investigación adscritos aos
Campus de Excelencia Internacional de universidades:
Universidade Autónoma de Madrid, Universidade de Castilla-A Mancha,
Universidade de Granada, Universidade de Estremadura, Universidade das Palmas
de Gran Canaria, Universidade de Murcia/Universidade Politécnica Cartagena,
Universidade de Oviedo, Universidade de Salamanca, Universidade de Santiago de Compostela,
Universidade de Sevilla, Universidade de Valencia/Universidade Politécnica de
Valencia, Universidade de Valladolid, Universidade de Vigo.
REQUISITOS:
- Estar cursando, no ano académico 2017-2018, 4º ESO (opción ensinos académicos
con materias de Bioloxía e Xeoloxía ou Física e Química, ou na opción de
ensinos aplicados cursando "Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional)
ou 1º BACH da modalidade de Ciencias.
- Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 2000.
- Non ser adxudicatario dunha axuda, habendo participado nun proxecto, en
edicións anteriores do Programa Campus Científicos de Verán.
- Haber cursado no sistema educativo español, o curso escolar 2016-2017, habendo
obtido unha nota media igual ou superior a 8,5 puntos.
SOLICITUDES:
As solicitudes de participación deberanse cumprimentar mediante o formulario
accesible por vía telemática a través da dirección electrónicawww.campuscientificos.es. Unha vez cumprimentado o formulario enviarase
telemáticamente ou tamén se poderá presentar a solicitude impresa.
O prazo de presentación :ata o 9 de marzo de 2018 ás 15,00h.
PREZO:
Os estudantes que obteñan praza deberán abonar a cantidade de 85 euros, en
concepto de matriculación.
DOTACIÓN:
O importe da axuda será transferido polo Ministerio de Educación, Cultura e
Deporte á Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). A axuda
cobre os gastos de materiais, actividades complementarias, aloxamento,
asistencia de monitores, manutención e seguro de accidentes e responsabilidade
civil.
Corre a cargo do beneficiario o traslado ao campus asignado desde o seu
lugar de orixe e os gastos non derivados do programa. BOE
Hoxe mércores, ás 10:00 h da mañá recibimos ao alumnado e orientadora do CPR POSSUMUS, para facer a XORNADA DE ACOLLIDA.
No salón de actos a directora e o xefe de estusos déronlle a benvida ao noso centro, logo o orientador informounos sobre a novas etapas educativas que poden comezar ao rematar a ESO si escollen o noso centro.
Logo fixemos unha visita ás distintas aulas, aula de música, pavillón
deportivo, laboratorio de ciencias naturais, de física e química, aula de 1º bacharelato... e
a biblioteca, onde a profe Bea tiña preparada unha explicación sobre o
funcionamento da nosa biblioteca.
Despois de tomar algo na cafetería do instituto conviviron co noso
alumnado no recreo, e para rematar a foto de rigor na entrada do
edificio.
Nesta actividade participou alumnado de 1º de bacharelato (Ana Clara e Juan) explicandolles as normas da aula e as distintas dependencias do centro. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Deixovos unha fotos desta actividade co CPR POSSUMUS.
As palabras poden ferir tanto ou máis que un golpe. Os seus efectos perduran na mente dos pequenos, xa que eles toman ás figuras paternais como fonte de sabedoría e ensino.
Isto lévaos a pensar, si o meu pai ou a miña nai dinme que non fago nada ben, debe ser certo?
É por iso que se considera o maltrato verbal unha forma de violencia infantil que provoca malestar emocional.
Segundo o EDNA, unha asociación que pregoa os dereitos infantís, a violencia verbal clasifícase en dúas formas:
1.- A activa: inclúe a falta de respecto, o insulto, a sobresixencia e a falta de comprensión. Maniféstase en frases como:
• Non serves para nada
• Es parvo, non podes entender o que che explico
• Non cha cabeza, parece que pensas cos pés
• Es grande, xa me tes cansa
• Estou farto de dicirche as cousas unha e outra vez
• Es igual de bobo que o teu pai/nai
• Xa verás cando cheguemos a casa
2.- A pasiva: isto abarca a indiferenza, o desamor e o desinterese. Pode causar trastornos graves.