xoves, 2 de decembro de 2021

3 decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Sinalamos este día para a igualdade das persoas con discapacidade e a súa inclusión real na nosa sociedade. TODOS/AS BAIXO O MESMO PARAUGAS!

mércores, 17 de novembro de 2021

COÑEZO A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

 A violencia de xénero e a violencia contra as mulleres preséntase de moitas formas diferentes. Para poder rexeitala, temos que coñecer ben todas as súas variables.

Comecemos xa! 

"ENTENDO O QUE CANTO?"

 Presentamos unha actividade para traballar sobre a letra das cancións e o seu contido machista.

TIPOS DE VIOLENCIA MACHISTA

 O 25 de novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Con ese motivo, elaboramos este cartel explicativo sobre os diferentes tipos de violencias e propomos unha serie de actividades.

Loitar contra a violencia machista é unha cousa de todos e todas, IMPLICÁDEVOS!

martes, 2 de novembro de 2021

Aspectos a ter en conta á hora de estudar

O estudo pode ser unha tarefa realmente complexa se non establecemos un plan axeitado para afrontala.
Na seguinte presentación trátanse unha serie de aspectos básicos a ter en conta para deseñar o noso plan de traballo. Poderase seguir esta presentación, acompañándoa polo cartel-guión da mesma, a táboa de rexistro para o plan de estudo e/ou a actividade sobre os hábitos de estudo.

martes, 19 de outubro de 2021

Preséntome!

 Moi boas a todas e todos! 😊

Preséntome:

son Laura, a nova orientadora do IES A Guía. Por fin teño acceso ao xenial Blog que manexábades en anos anteriores e que espero seguir empregando con vós durante este curso.

Agardo que nos vaiamos coñecendo mellor pouco a pouco e poder axudarvos no que precisedes, xerando sinerxias nos nosos traballos!

Calquera suxerencia que teñades, non dubidedes en contactar comigo... Teño moitas gañas de aprender e espero facelo da vosa mán.

Encantada de compartir este tempo con vós... verémonos moito,

Apertas,

Laura


mércores, 4 de agosto de 2021

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE

 

                                                                        ENLACE

domingo, 4 de xullo de 2021

luns, 7 de xuño de 2021

ABAU 2021 - SORTE

MOITAS SORTE PARA O ALUMNADO DO NOSO INSTITUTO QUE COMEZA MAÑÁ AS PROBAS DE ACCESO A UNIVERSIDADE - ABAU 

SORTE, SORTE, MOITA SORTE 


martes, 18 de maio de 2021

xoves, 22 de abril de 2021