mércores, 7 de agosto de 2019

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

Becas e axudas para acneae 

BOE

Beneficiarios
  • Alumnos afectados por TDAH que requiran apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta
  • Alumnos que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas
  • Alumnos con necesidades específicas de apoio educativo asociados a altas capacidades

Documentación
Para o caso de presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta, requirirase acreditalo por algunha das seguintes vías:
  • Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base do Instituto de Maiores e de Servizos Sociais ou órgano correspondente da comunidade autónoma.
  • Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopegógica ou do departamento de orientación dependentes da administración educativa correspondente.
  • Certificado de discapacidade. 


Si o solicitante require axuda para reeducación pedagóxica ou da linguaxe, requirirase, ademais da anterior, a seguinte documentación:
  • Certificación expededir polo inspector da zona na que se acredite a necesidade de recibir estes tratamentos pola inexistencia ou insuficiencia da atención pedagógica proporcionada polo centro no que está escolarizado o alumno solicitante e a inviabilidade de matriculación do alumno solicitante nun centro que dispoña do servizo de reeducación requirido.
  • Informe específico do equipo de orientación educativa e psicopedagógica ou do departamento de orientación no que se detalle a asistencia educativa e as horas semanales que se consideren necesarias para a súa corrección, así como, no seu caso, as prestadas polo centro, a duración previsible da mesma e as condicións que garantan a súa prestación.
  • Memoria expededir polo centro ou reeducador que preste o servizo na que conste información detallada das características do mesmo, incluíndo número de horas semanales e especialista que o presta así como do custo mensual.
  • Declaración responsable da persoa que imparta a reeducación pedagóxica ou da linguaxe de que reúne os requisitos de formación establecidos na convocatoria.
 Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 28 de xullo de 2019
Ata o 26 de setembro de 2019

CALENDARIO ESCOLAR 2019/2020

Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Descargar


martes, 18 de xuño de 2019

UBUNTU


DESPEDIDA DO EQUIPO DE MEDIACIÓN

A semana pasada celebramos a despedida do equipo de mediación. Traballo realizado e ben feito. 
Este curso gradúanse Sabe e Ana, dúas alumnas de 2º bacharelato e deixannos. Tamén despedimos a Nico, un alumno de 4º ESO, que buscará novos camiños. Os profes Saraya e Lucas que estiveron este curso no noso instituto tamén cambian.
As actividades do equipo de mediación forman parte da mellora da convivencia. Grazas a todos e a todas pola vosa colaboración nas múltiples actividades organizadas.
Moita sorte a todos, e en especial a Soraya e a Lucas. Conseguirédelo!


VISITA A AQUAPARK - CERCEDA

Onte o alumnado de 1º ESO do noso instituto estivo disfrutando dun premio acadado no programa AULA SEN FUME en Cerceda, no aquapark. Acompañados por dúas profesoras pasárono moi ben. Disfrutaron plenamente en compañía do seu grupo.

mércores, 12 de xuño de 2019

SORTE

MOITAS SORTE PARA O ALUMNADO DO NOSO INSTITUTO QUE COMEZA HOXE AS PROBAS DE ACCESO A UNIVERSIDADE - ABAU

SORTE, SORTE, MOITA SORTE


martes, 4 de xuño de 2019

FP DUAL


 FP dual

IES A GUÍA- FP DUAL

Solicita información ao orientador do centro