POLICIA NACIONAL, ESCALA BÁSICA: Nacionalidade española. Idade: 18 a 29
anos. Bachiller. Carné de conducir clase B. Non ser separado do servizo
do Estado. Estatura: 1.65 home; 1.60 muller. Compromiso asinado de
portar armas. Acceso: Haberán de superarse as probas selectivas
correspondentes mediante concurso-oposición. INSPECTOR DE POLICÍA: Requisitos: Os mesmos que para policía. Estar en
posesión do título de enxeñeiro Técnico, Arquitecto Técnico, Diplomado
Universitario ou formación equivalente ou superior (Grado). INGRESO: Por
oposición libre ou ben mediante promoción interna habendo estado 3anos
permanencia mínima na categoría de Subinspector. ESCALAS DE CABOS E GARDAS DA GARDA CIVIL: Nacionalidade española. Idade:
18 a 29 anos. Acreditar boa conduta. Non posuír antecedentes penais.
Graduado en Educación Secundaria ou equivalente. Carné de conducir B ou
superior. Estatura: 1.65 home; 1.60 muller. Haberán de superarse probas
selectivas. MILITAR. ESCALA SUBOFICIALES: Requisitos: Titulo de Bachiller ou
equivalente; proba de acceso aprobada a un ciclo formativo de grado
superior; ter entre 18 e 22 anos; estar libre de antecedentes penais;
superar unha proba de ingreso. MILITAR. ESCALA OFICIAIS: Acceso directo é a forma de acceso para
adquirir a condición de Militar de Carreira. Os requisitos particulares
varían segundo a forma de acceso, os Corpos e Escalas. Existen unhas
condicións por titulación para acceder a cada Corpo e Escala dentro da
Carreira Militar. Hai opcións co Bachillerato e coa Selectividad. POLICÍA LOCAL: Requisitos: Ser español ou ter nacionalidade española.
Idade inicial, idade limite, titulación básica necesaria, modalidade de
permisos de condución esixida, varía segundo CC AA. Estar en posesión do título de
Bachiller, Técnico Superior ou equivalente; ter unha estatura mínima de
1,60 metros para as mulleres e 1,65 para os homes; estar en posesión
dos permisos de condución A, B e BTP
Hoxe pola mañá, e trala solicitude feita polo Departamento de Orientación, Rafael, a persoa encargada de dar a charla da asociación ARELA de Pontevedra, desprazouse ao noso instituto para informar ao alumnado de 3º ESO e 1º FPB dos aspectos relevantes da Lei do Menor.
O obxectivo de dita charla era a de previr condutas que os leven a cometer infracións, facendo especial fincapé nos riscos que implican as redes sociais.
Esta actividade está recollida dentro do programa "Katorce-18" que a asociación ARELA desenvolve en distintos centros educativos. Este programa quere achegar a Lei do Menor, reguladora da responsabilidade penal das persoas menores de idade, a institutos e colexios de Galicia para informar, previr e facelos conscientes das consecuencias dos seus actos.
Un interesante recurso para a educación en valores, Párate a Pensar.
Los valores del respeto y la convivencia contra el acoso escolar.
Segundo a propia ONG, o programa ofrece ferramentas para afrontar desde a educación a complexa etapa da adolescencia.
Trátase de 50 actividades que "abordan maneiras de formar a personalidade adolescente e potenciar a súa autoestima, as relacións cos seus compañeiros e a familia e de promover o esforzo e a participación social por un mundo máis xusto e solidario".
Un documental que narra a historia real e extraordinaria de catro
pícaros, heroes cotiáns: Jackson, Carlitos, Zahira e Samuel, que deben
enfrontarse diariamente cunha multitude de adversidades e perigos para
chegar á escola. Estes nenos viven en catro puntos moi distantes da
terra, pero comparten as mesmas ganas de aprender e son conscientes de
que só a educación abriralles as portas a un porvir mellor.
"Camiño á escola" é unha película que transmite optimismo e esperanza nun
futuro, onde para Jackson, Carlitos, Zahira e Samuel todo é posible con
coraxe, predeterminación e esforzo
Guía didáctica (adaptada da Guía Didáctica de Abordar. Casa de Películas).
Vese cada vez con máis frecuencia. Un grupo de mozos e mozas están
xuntos... xuntos?. Uns escoitan co mp3, mp4 cos seus auriculares,
outros poñen mensaxes ou xogan co móbil, outros está metido de cheo no
seu portátil... Apenas falan entre si. Están xuntos pero cada un vai á
súa bóla.
Nas nosas casas tamén pasa. Estamos no salón, compartindo talvez un
mesmo espazo... conectados cada un ao "noso", pero "desconectados" entre
nós.
Observa con detenimiento o seguinte vídeo. É un anuncio tailandés, pero
dá igual, é fácil de entender xa que a mensaxe que quere transmitir é
universal. O que nos mostran estas imaxes pásanos, cada vez máis a todos
de cando en vez; estamos tan inmersos nos nosos propios asuntos que
acabamos por perder o contacto con quen temos máis cerca.
Estos días estamos a falar nas titorías sobre os DEREITOS e DEBERES que teñen os alumnos e alumnas. O 20 de Novembro conmemórase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia uno
deses Dias en que os medios de comunicación poñen o foco nos
problemas da infancia e que nos serve tamén de pretexto educativo para
tratar nos centros este importante asunto.
Para reflexionar sobre todo os que nos queda aínda por facer para que
os nenos e nenas de moitos lugares do mundo poidan gozar dos mesmos
dereitos que nós xa gozamos, imos a visionar unha reportaxe de INFORME
SEMANAL titulado "NENOS SEN DEREITOS" (de 13,55 m. de duración).
Despois podedes debatir sobre o tema.