Vese cada vez con máis frecuencia. Un grupo de mozos e mozas están
xuntos... xuntos?. Uns escoitan co mp3, mp4 cos seus auriculares,
outros poñen mensaxes ou xogan co móbil, outros está metido de cheo no
seu portátil... Apenas falan entre si. Están xuntos pero cada un vai á
súa bóla.
Nas nosas casas tamén pasa. Estamos no salón, compartindo talvez un
mesmo espazo... conectados cada un ao "noso", pero "desconectados" entre
nós.
Observa con detenimiento o seguinte vídeo. É un anuncio tailandés, pero
dá igual, é fácil de entender xa que a mensaxe que quere transmitir é
universal. O que nos mostran estas imaxes pásanos, cada vez máis a todos
de cando en vez; estamos tan inmersos nos nosos propios asuntos que
acabamos por perder o contacto con quen temos máis cerca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario