A violencia de xénero e a violencia contra as mulleres preséntase de moitas formas diferentes. Para poder rexeitala, temos que coñecer ben todas as súas variables.
Comecemos xa!
A violencia de xénero e a violencia contra as mulleres preséntase de moitas formas diferentes. Para poder rexeitala, temos que coñecer ben todas as súas variables.
Comecemos xa!
Presentamos unha actividade para traballar sobre a letra das cancións e o seu contido machista.
O 25 de novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Con ese motivo, elaboramos este cartel explicativo sobre os diferentes tipos de violencias e propomos unha serie de actividades.
Loitar contra a violencia machista é unha cousa de todos e todas, IMPLICÁDEVOS!
Moi boas a todas e todos! 😊
Preséntome:
son Laura, a nova orientadora do IES A Guía. Por fin teño acceso ao xenial Blog que manexábades en anos anteriores e que espero seguir empregando con vós durante este curso.
Agardo que nos vaiamos coñecendo mellor pouco a pouco e poder axudarvos no que precisedes, xerando sinerxias nos nosos traballos!
Calquera suxerencia que teñades, non dubidedes en contactar comigo... Teño moitas gañas de aprender e espero facelo da vosa mán.
Encantada de compartir este tempo con vós... verémonos moito,
Apertas,
Laura
MOITAS SORTE PARA O ALUMNADO DO NOSO INSTITUTO QUE COMEZA MAÑÁ AS PROBAS DE ACCESO A UNIVERSIDADE - ABAU
SORTE, SORTE, MOITA SORTE