mércores, 15 de xaneiro de 2020

venres, 10 de xaneiro de 2020

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS

Publicada a Orde do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).
Importante
  • A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gale requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 13 de xaneiro de 2020.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 13 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2020.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas por sede electrónica.

GUÍA DE PRÁCTICAS PARA A IGUALDADE DE XÉNERO NA FP

Foi presentada a guía de Prácticas para a igualdade de xénero na FP durante a xornada "Igualdade de xénero na Formación Profesional", que se desenvolveu no CIFP Politécnico de Santiago e estivo presidida pola conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar.
O obxectivo da guía é difundir as boas prácticas desenvolvidas polos centros integrados de formación profesional para traballar na prevención de actitudes sexistas e discriminatorias entre o alumnado, impulsando tamén o cambio de roles, de actitudes e de estereotipos que sustentan a desigualdade de xénero. 


http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8564

PROPOSTAS A TRABALLAR PARA O DÍA DA MULLER


Proposta didáctica 2019 STEG
Recursos para trabajar el Día de la Mujer en el aula  
Día de la mujer: 8 de marzo. Junta de Andalucia 
Mulleres en Galicia
Frases da semana

mércores, 8 de xaneiro de 2020

LEMAS DÍA DA MULLER


MANS DE MULLERES

IMAXINA A TÚA META

https://drive.google.com/open?id=1c_vBsWSdJjJoc9zfzR8T1nbtOSTjFpJX


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é festa recoñecida nalgúns países, e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para, finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras do téxtil tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban. Distintos movementos sucedéronse a partir desa data.
O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, morreron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga. En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller.


domingo, 15 de decembro de 2019

UNITOUR - 1º BACHARELATO

        
https://www.unitour.es/eventos/vigo
    O martes 17 de decembro de 2019, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 14ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.
            O IES A GUÍA xa está inscrito e asistiremos ao salón UNITOUR, este curso irá o alumnado de 1º bacharelato, que terán que traer  previamente autorización,
Horario de visita a UNITOUR:
            A saída será pola mañá e durará aproximadamente 2 horas. A saída do instituto será ás 9:30- 9.45 horas e o regreso sobre as 12:00 horas.
            En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto dun grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.
            Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo departamento de orientación en colaboración cos titores/as e profesorado de 1º de Bacharelato.
            Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15 a 17:30 horas, a entrada será libre para todos os asistentes.

CENTROS PARTICIPANTES (listado completo)
·  Centro Superior de Hostelería de Galicia
·  Centro Universitario de Artes TAI
·  CESUGA - Centros de Estudios Superiores Universitarios de Galicia
·  CUNEF
·  ESADE - Business & Law School
·  Escuela Superior de Cine y Audiovisuales de Cataluña
·  ESIC Business & Marketing School
·  IE University
·  IEB
·  IED Istituto Europeo di Design
·  IESIDE - Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa
·  ISDE GRADO S.L.
·  Les Roches Global Hospitallity Education
·  L´IDEM Barcelona Francia
·  Saint Louis University Spain S.A.
·  U-tad Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital
·  UIC Barcelona
·  Universidad Complutense de Madrid
·  Universidad de Deusto
·  Universidad de Navarra
·  Universidad Europea de Madrid
·  Universidad Europea del Atlántico
·  Universidad Europea Miguel de Cervantes
·  Universidad Nebrija
·  Universidad Pontificia Comillas ICAI-ICADE
·  Universidad Pontificia de Salamanca
·  Universidade da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo
·  Universitat Pompeu Fabra Barcelona

sábado, 14 de decembro de 2019

EXISTEN PERSOAS QUE NON BEBEN ALCOHOL, E AÍNDA ASÍ, DIVÍRTENSE

17 Xaneiro, 2018  
Valeria Ruiton 


Conta a lenda que hai persoas que saen de festa e non proban nin a espuma da cervexa. Aínda que non o crean, existen persoas que poden pasarse toda unha noite de parranda, chegar ás 6 mañá e non beber nin unha pinga de alcohol. 
Pasáronse toda a festa rexeitando ofrecimentos embriagantes con gran estilo e bailaron ao compás de algo chamado música, xunto á risa das persoas que lle acompañaban, pero sen inxerir grolo algún.
Estas persoas na maioría dos seus grupos sociais, convertéronse en seres mitolóxicos, dos cales se ciernen diversos rumores achega do porque non gozan de inxerir unha soa pinga de alcohol. Pero créano ou non, estas persoas existen e dou proba diso porque o meu mellor amigo é un deles. 
Por moi raro que pareza, non todo o mundo goza dun vaso espumeante de cervexa ou un atractivo coctel de ron, vodka ou tequila. Esta xente non é nada diferente aos demais mortais que padecemos as resacas os domingos: gústalles ir a festivais de música, tomar algo con amigos nun bar ou simplemente ir de festa a unha discoteca, pero o estigma que sempre levan con eles son as palabras como “abstemio”. 
Entón chega o choque... 
Si, o primeiro choque da tarde, noite ou do evento con aquela persoa que che pregunta porque non tomas. 
Poderiamos dicir que é algo como: 
• Ti non bebes? 
• Bo, talvez soe parvo, pero a gaseosa tamén conta como bebida. 
• Refírome a que non tomas un grolo. Seica vas conducir? 
• Non, é que non me gusta beber alcohol. 
• Como? Anda, pídeche unha cervexa home. 
• Non, grazas. Descoida. (Cara de amolo) 
• Anda, tómache unha comigo, eu invítoche. 
• (Cara de “non entendes que non me gusta”).
 Si coñeces a persoas que non lle gusta beber, contaranche moitas conversacións ou historias similares á anterior. 
E do mesmo xeito isto poderíache axudar a preguntarche e reflexionar un pouco porque as persoas teñen que insistir tanto en que outras beban, cando a súa premisa é clara: non necesitan o alcohol para divertirse. 
Algúns poden preguntarse: E esta xente sae por aí e non bebe? Como fai para divertirse? Como logra desenvolverse sen ningunha “ayudita”? 
E aínda que é complicado para aqueles que non consumen alcohol, responder todo o tempo interrogantes como as anteriores. A forma en que lidian con estas interrogantes é con algo de sarcasmo e respostas precisas. 
Algunhas veces, as persoas pódense volver tan incasables co tema do por que non bebes?, que é mellor non perder o tempo tratando de explicarlle que simplemente non se goza do alcohol. Entón, si coñeces ou chegas a coñecer a alguén que non necesita beber para divertirse, pasalo xenial ou desinhibirse totalmente, sé amable. Non preguntes cousas parvas e déixaa gozar do momento, mentres ti, saboreas da túa cervexa 

sábado, 7 de decembro de 2019