mércores, 8 de xaneiro de 2020
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O Día Internacional da Muller,
orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora,
conmemorado cada 8 de marzo
e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer
balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é festa recoñecida nalgúns
países, e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no
feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando
o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para
mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola
superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para,
finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das
Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras
do téxtil tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas
míseras condicións nas que traballaban. Distintos movementos sucedéronse a
partir desa data.
O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica
para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a
diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos
seus fillos. Durante esa folga, morreron máis dun centenar de mulleres
queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao
dono da fábrica como resposta á folga. En 1910, durante a Segunda Conferencia
Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca)
máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día
Internacional da Muller.
venres, 20 de decembro de 2019
domingo, 15 de decembro de 2019
UNITOUR - 1º BACHARELATO
O martes 17 de decembro de 2019, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 14ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.
O IES A GUÍA xa está
inscrito e asistiremos ao salón UNITOUR, este curso irá o alumnado de 1º
bacharelato, que terán que traer
previamente autorización,
Horario de visita a UNITOUR:
A saída será pola mañá e durará aproximadamente 2 horas. A
saída do instituto será ás 9:30- 9.45 horas e o regreso sobre as 12:00 horas.
En
Unitour estarán instalados os
expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que
intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre
a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto dun grao como de centro universitario.
Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha
oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións
universitarias presentes no evento.
Esta
visita en grupo está organizada desde o centro polo departamento de orientación
en colaboración cos titores/as e profesorado de 1º de Bacharelato.
Os
pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de
inscrición previa. Durante a tarde, de 15 a 17:30 horas, a entrada será libre
para todos os asistentes.
CENTROS PARTICIPANTES
(listado completo)
· Centro Superior de Hostelería de Galicia
· Centro Universitario de Artes TAI
· CESUGA - Centros de Estudios Superiores
Universitarios de Galicia
· CUNEF
· ESADE - Business & Law School
· Escuela Superior de Cine y Audiovisuales de
Cataluña
· ESIC Business & Marketing School
· IE University
· IEB
· IED Istituto Europeo di Design
· IESIDE - Instituto de Educación Superior
Intercontinental de la Empresa
· ISDE GRADO S.L.
· Les Roches Global Hospitallity Education
· L´IDEM Barcelona Francia
· Saint Louis University Spain S.A.
· U-tad Centro Universitario de Tecnología y
Arte Digital
· UIC Barcelona
· Universidad Complutense de Madrid
· Universidad de Deusto
· Universidad de Navarra
· Universidad Europea de Madrid
· Universidad Europea del Atlántico
· Universidad Europea Miguel de Cervantes
· Universidad Nebrija
· Universidad Pontificia Comillas ICAI-ICADE
· Universidad Pontificia de Salamanca
· Universidade da Coruña, de Santiago de
Compostela e de Vigo
· Universitat Pompeu Fabra Barcelona
sábado, 14 de decembro de 2019
EXISTEN PERSOAS QUE NON BEBEN ALCOHOL, E AÍNDA ASÍ, DIVÍRTENSE
17 Xaneiro, 2018
Valeria Ruiton
Conta a lenda que hai persoas que saen de festa e non proban nin a espuma da cervexa.
Aínda que non o crean, existen persoas que poden pasarse toda unha noite de parranda, chegar ás 6 mañá e non beber nin unha pinga de alcohol.
Pasáronse toda a festa rexeitando ofrecimentos embriagantes con gran estilo e bailaron ao compás de algo chamado música, xunto á risa das persoas que lle acompañaban, pero sen inxerir grolo algún.
Estas persoas na maioría dos seus grupos sociais, convertéronse en seres mitolóxicos, dos cales se ciernen diversos rumores achega do porque non gozan de inxerir unha soa pinga de alcohol. Pero créano ou non, estas persoas existen e dou proba diso porque o meu mellor amigo é un deles.
Por moi raro que pareza, non todo o mundo goza dun vaso espumeante de cervexa ou un atractivo coctel de ron, vodka ou tequila.
Esta xente non é nada diferente aos demais mortais que padecemos as resacas os domingos: gústalles ir a festivais de música, tomar algo con amigos nun bar ou simplemente ir de festa a unha discoteca, pero o estigma que sempre levan con eles son as palabras como “abstemio”.
Entón chega o choque...
Si, o primeiro choque da tarde, noite ou do evento con aquela persoa que che pregunta porque non tomas.
Poderiamos dicir que é algo como:
• Ti non bebes?
• Bo, talvez soe parvo, pero a gaseosa tamén conta como bebida.
• Refírome a que non tomas un grolo. Seica vas conducir?
• Non, é que non me gusta beber alcohol.
• Como? Anda, pídeche unha cervexa home.
• Non, grazas. Descoida. (Cara de amolo)
• Anda, tómache unha comigo, eu invítoche.
• (Cara de “non entendes que non me gusta”).
Si coñeces a persoas que non lle gusta beber, contaranche moitas conversacións ou historias similares á anterior.
E do mesmo xeito isto poderíache axudar a preguntarche e reflexionar un pouco porque as persoas teñen que insistir tanto en que outras beban, cando a súa premisa é clara:
non necesitan o alcohol para divertirse.
Algúns poden preguntarse: E esta xente sae por aí e non bebe? Como fai para divertirse? Como logra desenvolverse sen ningunha “ayudita”?
E aínda que é complicado para aqueles que non consumen alcohol, responder todo o tempo interrogantes como as anteriores. A forma en que lidian con estas interrogantes é con algo de sarcasmo e respostas precisas.
Algunhas veces, as persoas pódense volver tan incasables co tema do por que non bebes?, que é mellor non perder o tempo tratando de explicarlle que simplemente non se goza do alcohol.
Entón, si coñeces ou chegas a coñecer a alguén que non necesita beber para divertirse, pasalo xenial ou desinhibirse totalmente, sé amable. Non preguntes cousas parvas e déixaa gozar do momento, mentres ti, saboreas da túa cervexa
Fonte: ELEMENTOSPE.COM
sábado, 7 de decembro de 2019
martes, 3 de decembro de 2019
sábado, 30 de novembro de 2019
xoves, 28 de novembro de 2019
GRAOS ABERTOS
A conselleira explicou que cando un alumno accede á universidade, en moitas ocasións ten dúbidas sobre o contido exacto do título escollido, as competencias profesionais que lle vai proporcionar ou as saídas laborais. De feito os datos a nivel estatal sinalan que un de cada tres universitarios abandona o grao no que se matricula nos dous primeiros cursos, ben porque deixa a universidade, ben porque cambia de grao.
Precisamente para atallar esta dinámica e garantir que os estudantes dispoñan da máxima información posible á hora de elixir estudos, o Goberno galego pon en marcha esta iniciativa de graos abertos que vai redundar nun beneficio para o conxunto da universidade universitaria.
O grado aberto é un tipo de formación universitaria na que o estudante pode escoller e cursar asignaturas de diferentes grados durante o primeiro ano e medio dos estudos universitarios, de maneira que poida facerse unha idea máis realista de en que consiste un grado universitario e así decidirse por un en concreto.
Cada programa de grado aberto debe combinar materias como mínimo de tres grados que deben pertencer á mesma rama de coñecemento. O número de prazas ofertadas por cada grado aberto será dun máximo de 25. Para acceder aos grados abertos, o alumnado deberá contar cunha nota de acceso como mínimo, igual á máis alta de todas as titulaciones de grado integradas no programa.
Fonte: Monica Diz Orienta
FP DUAL
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional presentou a de Guía Básica de Formación Profesional Dual en Galicia co fin de dar a coñecer estas ensinanzas.
Esta guía estrutúrase en 3 bloques de contido:
1. Visión xeral da FP Dual, características e lexislación sobre as diferentes vinculacións entre o alumnado e as empresas e institucións.
2. Pasos a seguir polo centro educativo para a posta en marcha, seguimento e xestión dun grupo Dual polo réxime de adultos, ou polo réxime ordinario.
3. Información sobre as distintas etapas que as empresas, organizacións ou institucións deberán realizar para acoller alumnado destas ensinanzas.
domingo, 13 de outubro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











