mércores, 21 de febreiro de 2018
PLAN DIRECTOR: ACOSO ESCOLAR E VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe tivemos as últimas charlas do PLAN DIRECTOR para este curso. Ás 10:30 h. comezamos cunha charla para 1º e 2º da ESO sobre o ACOSO ESCOLAR. A policia nacional Mónica foi a encargada de darnos a información. O alumnado estivo moi atento e fixo algunhas preguntas.
Ás 12:00 h acudiron ao salón de actos o alumnado de 1º e 2º de ciclo medio de actividades comerciais acompañados polos seus profesores para escoitas a charla sobre A VIOLENCIA DE XÉNERO. Unha cousa que lle chamou a atención foi a diferenza entre violencia de xénero e violencia familiar.
En ocasións, as distintas denominacións dos malos tratos lévannos á confusión e empregamos indistintamente conceptos como violencia de xénero, violencia doméstica, de parella, cara ás mulleres, ou sexista. Con todo, non significan o mesmo. Refírense a cousas ben distintas.
Non é o mesmo falar de violencia de xénero e de violencia doméstica porque unha apunta á muller e a outra á familia como suxeitos de referencia.
Por iso, a violencia doméstica é a que se produce na casa, o fogar. E pódea exercer e sufrir calquera dos membros do núcleo familiar, é dicir, unha nai sobre os seus fillos ou un neto sobre o seu avó.
A violencia de xénero, en cambio, é aquela que se produce contra a muller, polo feito de selo, tanto dentro como fóra de casa, no traballo ou en calquera outro ámbito da vida pública.
Este tipo de violencia se fundamenta na suposta superioridade dun sexo sobre outro e as súas manifestacións son moi variadas.
venres, 16 de febreiro de 2018
PROTOCOLO DE COORDINACIÓN E COOPERACIÓN INSTITUCIONAL FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
Protocolo de coordinación e cooperación institucional fronte á violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia. Este protocolo expón o proceso de intervención para cada unha das cinco áreas: Educativa, Sanitaria, Forzas e Corpos de Seguridade, Xurídica e Social. Tamén explica como debe de ser unha actuación de emerxencia ante unha situación de violencia de xénero nun centro educativo.
DOBRES GRAOS EN GALICIA
- OFERTA DE DOBRES GRAOS EN GALICIA:
GRAOS DOBRES UDC
(Universidad de A Coruña)
|
Campus
|
Nº Prazas
|
Nota de corte 2017
|
Coruña
|
60
|
10.716
|
|
Coruña
|
25
|
7.480
|
|
Coruña
|
10
|
11.919
|
|
Coruña
|
10
|
5.000
|
|
Coruña
|
20
|
6.840
|
|
Coruña
|
5
|
7.320
|
|
Coruña
|
5
|
7.666
|
|
Ferrol
|
12
|
5.648
|
GRAOS DOBRES USC
(Universidad de Santiago de
Compostela)
|
Campus
|
Nº Prazas
|
Nota de corte 2017
|
Lugo
|
10
|
7.200
|
|
Lugo
|
10
|
10.680
|
|
Santiago
|
10
|
11.640
|
|
Santiago
|
10
|
12.942
|
|
Santiago
|
20
|
10.360
|
|
Santiago
|
10
|
12.800
|
|
Santiago
|
10
|
13.356
|
|
Santiago
|
20
|
11.850
|
|
Santiago
|
10
|
11.261
|
|
Santiago
|
10
|
11.344
|
GRAOS DOBRES UVIGO
(Universidad de Vigo)
|
Campus
|
Nº Prazas
|
Nota de corte 2017
|
Ourense
|
16
|
7.091
|
|
Ourense
|
20
|
9.241
|
|
Ourense
|
10
|
5.000
|
|
Vigo
|
40
|
10.490
|
Fuente: Mónica Diz Orienta
Etiquetas:
BACHARELATO,
ORIENTACIÓN,
UNIVERSIDADE
sábado, 10 de febreiro de 2018
venres, 9 de febreiro de 2018
AXUDAS PARA A ESO E BACHARELATO PARA FORMARSE EN LINGUAS ESTRANXEIRAS: INGLÉS, FRANCÉS E PORTUGUÉS
A Consellería de Educación publicou a ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en lingua estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
REQUISITOS:
• Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/17.
• Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa.
• Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de centros plurilingües.
• Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
• Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
• Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
CONCEPTOS FINANCIADOS
• No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
• Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
• Os gastos de docencia e o material escolar.
• As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
• Os gastos de mantenza e aloxamento.
• O certificado de realización da actividade.
• O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
• As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG).
DATAS:
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2018, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2018/19. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
PRAZO E SOLICITUDE:
Ata o 7 de marzo de 2018.. A solicitude realízase en liña ou presencial.
martes, 6 de febreiro de 2018
VISITA A USC
Hoxe, o alumnado de 1º de bacharelato coas súas titoras e o orientador do centro, estiveron de visita por Santiago. Pola mañá percorreron diferentes facultades para coñecer a organización dos graos e a propia facultade; logo xantamos nun comedor da universidade e pola tarde fixemos unha visita polo patrimonio da USC: Fonseca, biblioteca, paraninfo da facultade de xeografía e historia, ...
Pasámolo ben.
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
BACHARELATO,
UNIVERSIDADE
NOVOS GRAOS NAS UNIVERSIDADES GALEGAS
O sistema universitario galego vai incorporar novas titulacións ata o 2021.
No próximo curso 2018/2019 comezan a impartirse 5 novos graos:
- ENXEÑARÍA BIOMÉDICA: Vigo
- CRIMINOLOXÍA: Santiago. Polo momento seguirá impartíndose o título propio (Diploma Superior en Criminoloxía).
- BIOTECNOLOXÍA: Santiago
- GRAO EN PAISAXE: Grao interuniversitario compartido entre Lugo (1º e 2º cursos), e Coruña (3º e 4º cursos).
- XESTIÓN INDUSTRIAL DA MODA: Ferrol. Esta titulación será impartida nun 80% en inglés.
FORMACIÓN EN MEDIACIÓN
Onte luns comezamos coa formación sobre MEDIACIÓN; foi unha primeira toma de contacto coa temática de mediación no ámbito educativo na que o alumnado e profesorado do equipo de mediación poideron aprender moitas cousas referentes ao tema. Para elo contamos coa participación de Mercedes, nai dunha alumna axudante, que colabora con nós desinteresadamente e púxonos o día no tema.
Grazas Mercedes.
Grazas Mercedes.
A mediación é un proceso de solución positiva de conflitos, voluntario e confidencial, onde un terceiro, o mediador, de forma neutral e imparcial, axuda ás persoas implicadas a comunicarse de forma adecuada e constructiva co fin de alcanzar acordos satisfactorios e aceptados por todos os participantes.
Características:
- Neutral e Imparcial: O mediador non impón criterios propios na toma de decisións, nin se sitúa a favor ou en contra de ningún dos participantes.
- Voluntaria: As persoas interesadas son quen deciden iniciar o proceso de mediación así como interrompelo, sen prexuízo algún, si considérano oportuno.
- Confidencial: A información exposta durante a mediación é privada e non será utilizada fóra da mesma, excepto en casos onde se detecte un feito constitutivo de falta ou delito.
- Flexible: O proceso de mediación adáptase ás características e necesidades particulares dos participantes e das dificultades que presentan.
- Autodeterminación das partes: Son os propios usuarios quen xeran alternativas e opcións de solución ás súas controversias, chegando a acordos creados por eles mesmos que satisfagan os seus intereses e necesidades, tanto particulares como conxuntas.
domingo, 4 de febreiro de 2018
PROBAS DE ACCESO A CM E CS - CONVOCATORIA 2018
A Consellería de Educación
publicou o borrador da
Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan as probas de acceso
a ciclos de grao medio e grao superior para este curso 2017/2018.
Para o acceso ás probas de Grao
Medio as persoas solicitantes deben ter 17 anos ou cumprilos neste ano.
Para o acceso ás probas de Grao Superior as persoas solicitantes deberán ter 19
anos cumpridos ou cumprilos neste ano.
PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE
SOLICITUDES:
- Acceso a grao superior: do 8
ao 23 de febreiro.
- Acceso a grao medio: do 12
ao 23 de marzo.
DATAS DAS PROBAS:
- Acceso a grao superior: 19
de abril.
- Acceso a grao medio: 31 de
maio.
Calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores de FP 2018
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior
venres, 2 de febreiro de 2018
PLAN DIRECTOR - OS PERIGOS DE INTERNET
A policia, dentro do Plan Director, pasou hoxe polo noso instituto para dar unha charla ao alumnado de 3º e 4º ESO sobre OS PERIGOS DE INTERNET. Mónica foi quen nos contou os perigos do mal uso de internet e das redes sociais, e como teñen que actuar en moitos casos.
Durante unha hora poideron escoitar e concienciarse sobre a preocupación que existe a hora de usar as novas tecnoloxias e preguntar dúbidas.
Durante unha hora poideron escoitar e concienciarse sobre a preocupación que existe a hora de usar as novas tecnoloxias e preguntar dúbidas.
CONTOS POLA PAZ
Onte xoves día 1 de febreiro, un grupiño de 7 alumnos/as do IES A GUÍA acompañados polo seu orientador foron á escola de educación infantil que teñen ao lado para contar uns contos, a EEI MONTE DA GUÍA. Area e Xoaquín contaron o conto de "XA VOUUUUU" en inglés ao alumnado de 3 anos e saiulle fenomenal; Hajar e Pablo contaron un na clase de 4 anos en árabe, o conto que lle tocou era o de "!NO!"; que ben o fixeron. E o conto para os alumnos/as de 5 anos foi en rumano e titulábase "NO LAVAR ESTE OSO"; Andrea e Javi contárono moi ben.
No de CONTOS POLA PAZ colaborou Giovanna que foi a que fixo a reportaxe fotográfica.
Grazas para este alumnado que colaborou nesta actividade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










