Onte xoves día 1 de febreiro, un grupiño de 7 alumnos/as do IES A GUÍA acompañados polo seu orientador foron á escola de educación infantil que teñen ao lado para contar uns contos, a EEI MONTE DA GUÍA. Area e Xoaquín contaron o conto de "XA VOUUUUU" en inglés ao alumnado de 3 anos e saiulle fenomenal; Hajar e Pablo contaron un na clase de 4 anos en árabe, o conto que lle tocou era o de "!NO!"; que ben o fixeron. E o conto para os alumnos/as de 5 anos foi en rumano e titulábase "NO LAVAR ESTE OSO"; Andrea e Javi contárono moi ben.
No de CONTOS POLA PAZ colaborou Giovanna que foi a que fixo a reportaxe fotográfica.
Grazas para este alumnado que colaborou nesta actividade.




Ningún comentario:
Publicar un comentario