venres, 16 de febreiro de 2018

DOBRES GRAOS EN GALICIA


  • OFERTA DE DOBRES GRAOS EN GALICIA:
GRAOS DOBRES UDC
(Universidad de A Coruña)
Campus
Nº Prazas
Nota de corte 2017
Coruña
60
10.716
Coruña
25
7.480
Coruña
10
11.919
Coruña
10
5.000
Coruña
20
6.840
Coruña
5
7.320
Coruña
5
7.666
Ferrol
12
5.648

GRAOS DOBRES USC
(Universidad de Santiago de Compostela)
Campus
Nº Prazas
Nota de corte 2017
Lugo
10
7.200
Lugo
10
10.680
Santiago
10
11.640
Santiago
10
12.942
Santiago
20
10.360
Santiago
10
12.800
Santiago
10
13.356
Santiago
20
11.850
Santiago
10
11.261
Santiago
10
11.344

GRAOS DOBRES UVIGO
(Universidad de Vigo)
Campus
Nº Prazas
Nota de corte 2017
Ourense
16
7.091  
Ourense
20
9.241
Ourense
10
5.000
Vigo
40
10.490


Fuente: Mónica Diz Orienta

sábado, 10 de febreiro de 2018

venres, 9 de febreiro de 2018

PROFESOR / A


AXUDAS PARA A ESO E BACHARELATO PARA FORMARSE EN LINGUAS ESTRANXEIRAS: INGLÉS, FRANCÉS E PORTUGUÉS

A Consellería de Educación publicou a ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en lingua estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. 
 REQUISITOS: 
 • Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia. 
• Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/17. 
• Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa. 
• Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de centros plurilingües. 
• Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade. • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 
• Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte. 
CONCEPTOS FINANCIADOS 
• No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos. 
• Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade. 
• Os gastos de docencia e o material escolar. 
• As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos. 
• Os gastos de mantenza e aloxamento. 
• O certificado de realización da actividade. 
• O seguro de accidentes e de responsabilidade civil. 
• As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG). 
DATAS
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2018, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2018/19. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado. 
PRAZO E SOLICITUDE
Ata o 7 de marzo de 2018.. A solicitude realízase en liña ou presencial. 


martes, 6 de febreiro de 2018

VISITA A USC

Hoxe, o alumnado de 1º de bacharelato coas súas titoras e o orientador do centro, estiveron de visita por Santiago. Pola mañá percorreron diferentes facultades para coñecer a organización dos graos e a propia facultade; logo xantamos nun comedor da universidade e pola tarde fixemos unha visita polo patrimonio da USC: Fonseca, biblioteca, paraninfo da facultade de xeografía e historia, ...
Pasámolo ben.

NOVOS GRAOS NAS UNIVERSIDADES GALEGAS


O sistema universitario galego vai incorporar novas titulacións ata o 2021.


No próximo curso 2018/2019 comezan a impartirse 5 novos graos:
  • ENXEÑARÍA BIOMÉDICA: Vigo
  • CRIMINOLOXÍA: Santiago. Polo momento seguirá impartíndose o título propio (Diploma Superior en Criminoloxía). 
  • BIOTECNOLOXÍA: Santiago
  • GRAO EN PAISAXE: Grao interuniversitario compartido entre Lugo (1º e 2º cursos), e  Coruña (3º e 4º cursos). 
  • XESTIÓN INDUSTRIAL DA MODA: Ferrol. Esta titulación será impartida nun 80% en inglés. 
Fonte: Mónica Diz Orienta

FORMACIÓN EN MEDIACIÓN

Onte luns comezamos coa formación sobre MEDIACIÓN; foi unha primeira toma de contacto coa temática de mediación no ámbito educativo na que o alumnado e profesorado do equipo de mediación poideron aprender moitas cousas referentes ao tema. Para elo contamos coa participación de Mercedes, nai dunha alumna axudante, que colabora con nós desinteresadamente e púxonos o día no tema.
Grazas Mercedes.

A mediación é un proceso de solución positiva de conflitos, voluntario e confidencial, onde un terceiro, o mediador, de forma neutral e imparcial, axuda ás persoas implicadas a comunicarse de forma adecuada e constructiva co fin de alcanzar acordos satisfactorios e aceptados por todos os participantes. 

Características:
  • Neutral e Imparcial: O mediador non impón criterios propios na toma de decisións, nin se sitúa a favor ou en contra de ningún dos participantes. 
  • Voluntaria: As persoas interesadas son quen deciden iniciar o proceso de mediación así como interrompelo, sen prexuízo algún, si considérano oportuno. 
  • Confidencial: A información exposta durante a mediación é privada e non será utilizada fóra da mesma, excepto en casos onde se detecte un feito constitutivo de falta ou delito. 
  • Flexible: O proceso de mediación adáptase ás características e necesidades particulares dos participantes e das dificultades que presentan. 
  • Autodeterminación das partes: Son os propios usuarios quen xeran alternativas e opcións de solución ás súas controversias, chegando a acordos creados por eles mesmos que satisfagan os seus intereses e necesidades, tanto particulares como conxuntas.

domingo, 4 de febreiro de 2018

PROBAS DE ACCESO A CM E CS - CONVOCATORIA 2018

A Consellería de Educación publicou o borrador da Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de grao medio e grao superior para este curso 2017/2018.

Para o acceso ás probas de Grao Medio as persoas solicitantes deben ter 17 anos ou cumprilos neste ano. Para o acceso ás probas de Grao Superior as persoas solicitantes deberán ter 19 anos cumpridos ou cumprilos neste ano.

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Acceso a grao superior: do 8 ao 23 de febreiro.
- Acceso a grao medio: do 12 ao 23 de marzo.

DATAS DAS PROBAS:
- Acceso a grao superior: 19 de abril.
- Acceso a grao medio: 31 de maio.



Calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores de FP  2018

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior

venres, 2 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018

CONSELLOS PARA EVITAR O CIBERACOSO E MAL USO DE INTERNET


PLAN DIRECTOR - OS PERIGOS DE INTERNET

A policia, dentro do Plan Director, pasou hoxe polo noso instituto para dar unha charla ao alumnado de 3º e 4º ESO sobre OS PERIGOS DE INTERNET. Mónica foi quen nos contou os perigos do mal uso de internet e das redes sociais, e como teñen que actuar en moitos casos.
Durante unha hora poideron escoitar e concienciarse sobre a preocupación que existe a hora de usar as novas tecnoloxias e  preguntar  dúbidas.

CONTOS POLA PAZ

Onte xoves día 1 de febreiro, un grupiño de 7 alumnos/as do IES A GUÍA acompañados polo seu orientador foron á escola de educación infantil que teñen ao lado para contar uns contos, a EEI MONTE DA GUÍA. Area e Xoaquín contaron o conto de "XA VOUUUUU" en inglés ao alumnado de 3 anos e saiulle fenomenal;  Hajar e Pablo contaron un  na clase de 4 anos en árabe, o conto que lle tocou era o de "!NO!"; que ben o fixeron. E o conto para os alumnos/as de 5 anos foi en rumano e titulábase  "NO LAVAR ESTE OSO"; Andrea e Javi contárono moi ben.
No de  CONTOS POLA PAZ  colaborou Giovanna que foi a que fixo a reportaxe fotográfica. 
Grazas para este alumnado que colaborou nesta actividade.

https://drive.google.com/open?id=1m0YMoz3t3bad0HvINLQp2H9-RVh0lbWb
Tegriña

sábado, 27 de xaneiro de 2018

30 DE XANEIRO:APERTAS DE BALDE POLA PAZ

https://drive.google.com/open?id=1ZbaX7zYpBAEr0a8nf_AYGzQNPT2ipPqQ

CANCIÓN DA PAZ TRABALLADA EN FRANCÉS: On Ecrit Sur Les Murs

ON ÉCRIT SUR LES MURS 
ESCRIBIMOS EN LAS PAREDES
On écrit sur les murs le nom de ceux qu'on aime
Escribimos en las paredes, los nombres de aquellos que amamos

Des messages pour les jours à venir

Mensanjes por los dias próximos

On écrit sur les murs à l 'encre de nos veines

Escribimos en los paredes con la tinta de nuestras venas

On dessine tout ce que l'on voudrait dire

Se basa todo lo que a uno le gustaría decir

Partout autour de nous,

En todas partes, alrededor de nosotros

Y'a des signes d'espoir dans les regards

Y hay signos de esperanza en las miradas

Donnons leurs écrits car dans la nuit

van de su escrito durante la noche

Tout s'efface même leur trace

Todo incluso borrar sus pistas

On écrit sur les murs le nom de ceux qu'on aime

Escribimos en las paredes, los nombres de aquellos que amamos

Des messages pour les jours à venir

Mensanjes por los dias próximos

On écrit sur les murs à l 'encre de nos veines

Escribimos en los paredes con la tinta de nuestras venas

On dessine tout ce que l'on voudrait dire

Se basa todo lo que a uno le gustaría decir

On écrit sur les murs la force de nos rêves

Escribimos en los paredes, la fuerza de nuestros sueños

Nos espoirs en forme de graffiti

Nuestras esperanzas en forma de graffitis

On écrit sur les murs pour que l'amour se lève

Escribimos en las paredes porque el amor se levanta

Un beau jour sur le monde endormi

Un dia bonita en el mundo durmiente

Des mots seulement gravés pour ne pas oublier pour tout changer

Las palabras solamente grabadas para recordar a cambiar todo