luns, 20 de marzo de 2017

EBAU - ABAU

CHARLA SOBRE ALUMNADO CON TEA


INFORMACIÓN BACHARELATO

https://drive.google.com/open?id=0B_1TkBrQ0c6yOXNUV0s5OHBYNGMhttps://drive.google.com/open?id=0B_1TkBrQ0c6yMllRVUZ3YVBGaGc
                                            1º BACH                                         2º BACH

martes, 14 de marzo de 2017

PROBAS DE APTITUDES AO GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE UVIGO (PONTEVEDRA)



DATAS DAS PROBAS:
·         25 de maio de 2017
·         22 de Xuño de 2017

PRAZO DE MATRÍCULA NAS PROBAS:  
Para  convocatoria de maio e xuño: Do 10 de marzo ao 20 de abril.
Para a convocatoria de setembro: Do 1 ao 6 de setembro (en caso de quedar prazas vacantes)

TAXAS DE EXAME:
63,67 euros máis 6 euros en concepto de seguro de accidentes. O pago dos dereitos de exame permite presentarse ás dúas convocatorias.

INSCRICIÓN: 
Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión deberá cubrirse e enviar ou entregar o formulario de inscrición na Facultade, xunto cos documentos que se indican nas instrucións para a inscrición.





PROBAS DE APTITUDES PARA A ADMISIÓN NO GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE (CORUÑA)





DATAS DAS PROBAS: 
·         22 de abril de 2017
·         20 de xuño de 2017   

 PRAZOS DE MATRÍCULA: 
Para a convocatoria de abril: do 3 ao 31 de marzo
Para a convocatoria de xuño: do 9 de maio ata o 2 de xuño

TAXAS DE EXAME: 63,67 € máis 6 euros de seguro de accidente. 

INSCRICIÓN: para efectuar a matricula nas probas específicas deberá cubrir o formulario on line de inscrición, e entregar na secretaria do centro os documentos que se indican.  





sábado, 11 de marzo de 2017

ORIENTACIÓN

UNIVERSITARIOS FACENDO FP

Nestes vídeos poderás ver algúns exemplos de universitarios que volveron a estudar un Ciclo Formativo de Grado Superior para conseguir maiores posibilidades de emprego no mercado de traballo. Sempre escoitamos que a Formación Profesional ten bastantes saídas profesionais e un alto índice empleabilidad. De feito hai numerosos casos de alumnos que non atopan traballo e, logo de terminar os seus estudos universitarios, completan a súa formación na FP. De feito, aproximadamente o 30% dos que estudan un Ciclo Formativo de Grado Superior son titulados universitarios. 


PROBAS DE ACCESO A CICLOS 

GARANTÍA JUVENIL 

TITULOS DE FP QUE TRIUNFARON EN 2016 

TÍTULO DE FP CON MÁIS SAÍDAS 

INFORME ADECCO- SAÍDAS FP

 

IES A GUÍA

https://drive.google.com/open?id=0B_1TkBrQ0c6yUk1BYTNWQ3JDQUk

Información

BECAS DO MINISTERIO

Presentación becas mecd from Mónica Diz Besada

Fonte: Mónica Diz Orienta 

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN NO CONSUMO DE DROGAS

Esta semana comezamos cos obradoiros de prevención no consumo de drogas co alumnado de 3º e 4º ESO. Coa colaboración do Concello de Vigo e a asociación Alborada e a impliación directa do noso alumnado, estamos a traballar no tema.
Eu creo que pode ser moi positivo.

ADOLESCENCIA Y DROGAS

http://www.juntadeandalucia.es/salud/sites/csalud/galerias/documentos/c_3_c_1_vida_sana/adolescencia/programa_apoyo_padres_adolescentes/06_adolescencia_drogas.pdf

ESCOLA DE PAIS/NAIS

A escola de pais/nais do IES A GUÍA impulsada este curso, en colaboración co Plan Comunitario de Teis, ofreceu unha charla sobre adolescencia, droga e adiccións, e os enfoques actuais para abordalo. A asistencia foi gratuíta e está abertaba a todos os pais/nais do alumnado da ESO e FPB. 
Foi unha segunda xuntanza das tres planificadas para este curso.
Grazas pola vosa asistencia.
 

xoves, 9 de marzo de 2017

DÍA DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA

O martes pola mañá  (7/03/20107) estiveron de visita os alumnos e as alumnas dos colexios de CEP SANTA TEGRA e CEIP EDUARDO PONDAL no noso instituto, acompañados polos seus titores e os orientadores, recibímolos, tivemos unha charla na biblioteca onde lles informamos sobre a etapa educativa que van comezar proximamente, a ESO; o alumnado axudante do noso centro, explicoulle as principias normas e como é o noso instituto. Fixemos un percorrido polo centro, atenderon as explicacións do alumnado colaborador da biblioteca e xogamos a buscar algún libro, .... e convidámolos a unha consumisión.
Os futuros alumnos do instituto conviviron cos nosos alumnos/as no tempo de recreo y para rematar fixemos unhas fotos.
Esperamos que fose todo do voso agrado e esperámosvos en setembro.