María Victoria Moreno, pontevedresa de adopción chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña
asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras
narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a
poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Isto permítenos
definila como "galega de elección".
En
2018 é a figura protagonista do Día das Letras Galegas e isto convértea na
cuarta muller -tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María
Mariño- que leva ese recoñecemento na historia da celebración.
CORRELINGUA
A edición 2018 do Correlingua, carreira pola lingua organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística coa colaboración dos diferentes concellos de Galicia, chegou a nosa cidade. Dende as 11:00h estivo a percorrer a cidade de Vigo con participación de 2.000 alumnos.
A marcha saíu da Praza do Rei e remata no parque de Castrelos, onde houbo unha festa final. Nesta edición participaron estudantes de 22 centros de educación infantil, primaria e secundaria de Vigo, Mos, As Neves e Gondomar, entre eles o noso centro, o IES A GUÍA.


















