A exposición fotográfica SOMOS MIGRANTES regresou a Vigo cun novo formato adaptado a centros educativos, grazas ao novidoso deseño realizado e impulsado pola campaña Impórtanos do Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade do Concello de Vigo.
Desde o luns 21 de abril ata o día 25 estará exposta no noso instituto (IES A GUÍA), invitando ao alumnado, profesorado e contorna do centro a poñerse na pel das persoas que se ven obrigadas a deixar os seus lugares de orixe en busca dunha vida digna noutro lugar. Porque todos somos migrantes.
Hoxe estiveron facendo unha visita a exposición o alumnado de 3º ESO acompañados por Juan quen nós deu unha pequena explicación; mañá iran outro grupos e o venres a 5º hora teremos a charla do fotógrafo Felipe Carnotto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario