venres, 1 de decembro de 2017

1 DE DECEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA

 En 1988 a Organización Mundial da Saúde (OMS) propuxo o 1 de decembro de todos os anos como o Día Mundial contra a Sida. Desde ese ano ata 2004 ONUSIDA foi a encargada de organizar este evento para visibilizar e dar conta da evolución deste problema de saúde.
 Este ano 2017 a campaña, Día Mundial da Sida, ten o lema: A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO. 
A día de hoxe, a situación en Galicia con respecto á infección polo VIH está mostrando unha tendencia favorable na súa evolución diminuíndo o número de casos desde o ano 2014, o que nos fai ser optimistas de cara ao futuro. A diminución é especialmente notable nos casos nos que o seu mecanismo de transmisión son as relacións sexuais desprotexidas. A importancia do tratamento antirretroviral neste fenómeno de diminución do risco de transmisión unido ás prácticas sexuais protexidas vainos permitir avanzar e consolidar nos próximos anos esta boa tendencia. 
Exercitar e participar dos nosos dereitos á saúde contribuirá dun modo decidido para acadar mellores resultados no obxectivo común de ganar un futuro sen sida e sen infección polo VIH. Esa última etapa da infección polo VIH que constitúe a Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA) mostra xa na nosa Comunidade cifras moi favorables pola diminución constante que presenta desde fai 20 anos. O reto agora é mellorar o diagnóstico precoz das persoas que están infectadas polo VIH e que descoñecen a súa infección.
Por ti, pola xente que queres, por todos; fai a proba do VIH. A túa saúde, o teu dereito ¡exercítao!.

No IES A GUÍA non quixemos deixar de conmemorar o día mundial da SIDA, e para elo contamos coa colaboracion do alumnado de 2º FPB servizos comerciais e de algún alumnado AXUDANTE. Hoxe regaláronnos un folleto informativo sobre a SIDA, unha pegatina do lazo e un boligrafo.
Moitas grazas pola vosa colaboración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario