A celebración do Día do neno e a nena remóntase o ano 1924, cando a Liga das Nacións, precursora das Nacións Unidas, aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno/a.
A declaración establece o dereito dos nenos/as a dispor de medios para o seu desenvolvemento material, moral e espiritual; asistencia especial cando estean con fame, enfermos, discapacitados ou quedaran orfos; ser os primeiros en recibir socorro cando se atopan en dificultades; liberdade contra a explotación económica; e unha crianza que lles inculque un sentimento de responsabilidade social.
Posteriormente, en 1948, as Nacións Unidas, aprobaron unha segunda Declaración dos Dereitos do Neno/a. No seu artigo 25 di que a infancia ten “dereito a coidados e asistencia especiais”
Foi en 1959 cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas autorizou unha terceira Declaración destes Dereitos. Recoñece dereitos como a liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a unha nacionalidade. Tamén consagra especificamente os dereitos dos nenos/as á educación, a atención da saúde e a unha protección especial. Suxeriu a todos os gobernos que celebraran o día do neno.
Derechos ¿de los niños y niñas?


Ningún comentario:
Publicar un comentario