A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil.
Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a
información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera
lugar, de forma cómoda e rápida.
Esta aplicación nace no contexto do
Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía
galega, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica
educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que
presenta a educación do noso alumnado na sociedade dixital do século
XXI.
abalarMóbil é unha aplicación que se
pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite
ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través
destes dispositivos.
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as incidencias creadas polo profesorado
• Modificar o idioma da aplicación
A aplicación abalarMóbil está
dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado
nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria,
secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os
estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
Están a disposición das familias unha guía, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os
representantes legais poden utilizar dende o seu teléfono móbil, e un
formulario para realizar consultas ou tramitar incidencias relacionadas
coa aplicación abalarMóbil.
Espazo abalar: abalarMóbil
Guía abalarMóbil
Espazo abalar: abalarMóbil
Guía abalarMóbil

Ningún comentario:
Publicar un comentario