martes, 4 de setembro de 2018

FORMACION PROFESIONAL

Ciclos e módulos con prazas dispoñibles.
Presentación de solicitudes de setembro: ata o día 11 de setembro ás 13:00 h.
http://www.edu.xunta.es/fp/node/14928
Consulta toda la "Oferta de FP"
 
Atención: Non son ciclos liberados. Para acceder é necesario participar no proceso de solicitudes de setembro.

Réxime ordinario

Réxime para as persoas adultas
Modalidade presencial

Modalidade distancia

Información sobre as solicitudes a ciclos formativos
A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario. Logo de realizada a aplicación informática xera un impreso de solicitude.
- No caso de solicitantes xa autenticados no contorno "edu.xunta.es" que non teñan que achegar documentación, o sistema xera un impreso xa validado, co texto de que non é necesario entregalo nun centro educativo para a súa validación. Deste xeito remataría a inscrición no réxime, modalidade e grao da solicitude. A copia impresa conservarase como resgardo da realización da solicitude.
- En calquera outro caso, o sistema xera un impreso de solicitude que terá que ser entregado para a súa validación en calquera centro educativo de Galicia con oferta de ciclos de formación profesional sostida con fondos públicos. Se este impreso non se entrega en prazo, a solicitude non terá carácter oficial e non se considerará realizada para os efectos da admisión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario