domingo, 25 de xuño de 2017

ADMISIÓN CICLOS DE FP



A solicitude vía web é obrigatoria e realizarase para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario. Deberá cubrirse unha única solicitude para cada grao.Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. 
O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser debídamente entregada e en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional.  
No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.


Web da consellería

Instruccións 

Oferta de FP 

Calendario de admisión

Ningún comentario:

Publicar un comentario