martes, 6 de febreiro de 2018

NOVOS GRAOS NAS UNIVERSIDADES GALEGAS


O sistema universitario galego vai incorporar novas titulacións ata o 2021.


No próximo curso 2018/2019 comezan a impartirse 5 novos graos:
  • ENXEÑARÍA BIOMÉDICA: Vigo
  • CRIMINOLOXÍA: Santiago. Polo momento seguirá impartíndose o título propio (Diploma Superior en Criminoloxía). 
  • BIOTECNOLOXÍA: Santiago
  • GRAO EN PAISAXE: Grao interuniversitario compartido entre Lugo (1º e 2º cursos), e  Coruña (3º e 4º cursos). 
  • XESTIÓN INDUSTRIAL DA MODA: Ferrol. Esta titulación será impartida nun 80% en inglés. 
Fonte: Mónica Diz Orienta

FORMACIÓN EN MEDIACIÓN

Onte luns comezamos coa formación sobre MEDIACIÓN; foi unha primeira toma de contacto coa temática de mediación no ámbito educativo na que o alumnado e profesorado do equipo de mediación poideron aprender moitas cousas referentes ao tema. Para elo contamos coa participación de Mercedes, nai dunha alumna axudante, que colabora con nós desinteresadamente e púxonos o día no tema.
Grazas Mercedes.

A mediación é un proceso de solución positiva de conflitos, voluntario e confidencial, onde un terceiro, o mediador, de forma neutral e imparcial, axuda ás persoas implicadas a comunicarse de forma adecuada e constructiva co fin de alcanzar acordos satisfactorios e aceptados por todos os participantes. 

Características:
  • Neutral e Imparcial: O mediador non impón criterios propios na toma de decisións, nin se sitúa a favor ou en contra de ningún dos participantes. 
  • Voluntaria: As persoas interesadas son quen deciden iniciar o proceso de mediación así como interrompelo, sen prexuízo algún, si considérano oportuno. 
  • Confidencial: A información exposta durante a mediación é privada e non será utilizada fóra da mesma, excepto en casos onde se detecte un feito constitutivo de falta ou delito. 
  • Flexible: O proceso de mediación adáptase ás características e necesidades particulares dos participantes e das dificultades que presentan. 
  • Autodeterminación das partes: Son os propios usuarios quen xeran alternativas e opcións de solución ás súas controversias, chegando a acordos creados por eles mesmos que satisfagan os seus intereses e necesidades, tanto particulares como conxuntas.

domingo, 4 de febreiro de 2018

PROBAS DE ACCESO A CM E CS - CONVOCATORIA 2018

A Consellería de Educación publicou o borrador da Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de grao medio e grao superior para este curso 2017/2018.

Para o acceso ás probas de Grao Medio as persoas solicitantes deben ter 17 anos ou cumprilos neste ano. Para o acceso ás probas de Grao Superior as persoas solicitantes deberán ter 19 anos cumpridos ou cumprilos neste ano.

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Acceso a grao superior: do 8 ao 23 de febreiro.
- Acceso a grao medio: do 12 ao 23 de marzo.

DATAS DAS PROBAS:
- Acceso a grao superior: 19 de abril.
- Acceso a grao medio: 31 de maio.



Calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores de FP  2018

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior

venres, 2 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018

CONSELLOS PARA EVITAR O CIBERACOSO E MAL USO DE INTERNET


PLAN DIRECTOR - OS PERIGOS DE INTERNET

A policia, dentro do Plan Director, pasou hoxe polo noso instituto para dar unha charla ao alumnado de 3º e 4º ESO sobre OS PERIGOS DE INTERNET. Mónica foi quen nos contou os perigos do mal uso de internet e das redes sociais, e como teñen que actuar en moitos casos.
Durante unha hora poideron escoitar e concienciarse sobre a preocupación que existe a hora de usar as novas tecnoloxias e  preguntar  dúbidas.

CONTOS POLA PAZ

Onte xoves día 1 de febreiro, un grupiño de 7 alumnos/as do IES A GUÍA acompañados polo seu orientador foron á escola de educación infantil que teñen ao lado para contar uns contos, a EEI MONTE DA GUÍA. Area e Xoaquín contaron o conto de "XA VOUUUUU" en inglés ao alumnado de 3 anos e saiulle fenomenal;  Hajar e Pablo contaron un  na clase de 4 anos en árabe, o conto que lle tocou era o de "!NO!"; que ben o fixeron. E o conto para os alumnos/as de 5 anos foi en rumano e titulábase  "NO LAVAR ESTE OSO"; Andrea e Javi contárono moi ben.
No de  CONTOS POLA PAZ  colaborou Giovanna que foi a que fixo a reportaxe fotográfica. 
Grazas para este alumnado que colaborou nesta actividade.

https://drive.google.com/open?id=1m0YMoz3t3bad0HvINLQp2H9-RVh0lbWb
Tegriña

sábado, 27 de xaneiro de 2018

30 DE XANEIRO:APERTAS DE BALDE POLA PAZ

https://drive.google.com/open?id=1ZbaX7zYpBAEr0a8nf_AYGzQNPT2ipPqQ

CANCIÓN DA PAZ TRABALLADA EN FRANCÉS: On Ecrit Sur Les Murs

ON ÉCRIT SUR LES MURS 
ESCRIBIMOS EN LAS PAREDES
On écrit sur les murs le nom de ceux qu'on aime
Escribimos en las paredes, los nombres de aquellos que amamos

Des messages pour les jours à venir

Mensanjes por los dias próximos

On écrit sur les murs à l 'encre de nos veines

Escribimos en los paredes con la tinta de nuestras venas

On dessine tout ce que l'on voudrait dire

Se basa todo lo que a uno le gustaría decir

Partout autour de nous,

En todas partes, alrededor de nosotros

Y'a des signes d'espoir dans les regards

Y hay signos de esperanza en las miradas

Donnons leurs écrits car dans la nuit

van de su escrito durante la noche

Tout s'efface même leur trace

Todo incluso borrar sus pistas

On écrit sur les murs le nom de ceux qu'on aime

Escribimos en las paredes, los nombres de aquellos que amamos

Des messages pour les jours à venir

Mensanjes por los dias próximos

On écrit sur les murs à l 'encre de nos veines

Escribimos en los paredes con la tinta de nuestras venas

On dessine tout ce que l'on voudrait dire

Se basa todo lo que a uno le gustaría decir

On écrit sur les murs la force de nos rêves

Escribimos en los paredes, la fuerza de nuestros sueños

Nos espoirs en forme de graffiti

Nuestras esperanzas en forma de graffitis

On écrit sur les murs pour que l'amour se lève

Escribimos en las paredes porque el amor se levanta

Un beau jour sur le monde endormi

Un dia bonita en el mundo durmiente

Des mots seulement gravés pour ne pas oublier pour tout changer

Las palabras solamente grabadas para recordar a cambiar todo

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ


Fonte: Acción tutorial 

HABILIDADES SOCIAIS BÁSICAS


xoves, 25 de xaneiro de 2018

martes, 23 de xaneiro de 2018

PROBAS LIBRE TITULO BACHARELATO

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.
Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para á súa realización.
  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 23 de febreiro e o 9 de marzo de 2018.
  • A proba realizarase o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
 Máis información

PROBAS LIBRES PARA OBTER O TITULO DA ESO

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización 201.
Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.
  • Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

Mais información