martes, 16 de xaneiro de 2018

PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS - KTORCE18


Hoxe tivemos no noso instituto un obradoiro sobre condutas infractoras,  para o alumnado de 3º ESO e 1º FPB en colaboración con Ktorce-18, en relación coa Lei do Menor (reguladora da responsabilidade penal dos menores).
Ktorce-18 é un programa que a Fundación Barrié realiza conxuntamente coa Asociación Arela, no marco de educaBarrié. O obxectivo deste programa é achegar a Lei do Menor, reguladora da responsabilidade penal das persoas menores de idade, a institutos de toda Galicia. O programa ofrece charlas divulgativas para os alumnos de entre 2º e 4º ESO, co obxectivo de previr as condutas infractoras máis comúns nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais ou o maltrato familiar.

venres, 12 de xaneiro de 2018

ABAU 2018


MOTIVACIÓN POLO ESTUDO


Un pequeno neno en China gañouse o corazón de todo o mundo despois de que se fixese viral o seu compromiso por acudir a clases, pois non lle importou camiñar a temperaturas baixo cero para chegar á súa escola, o que provocou que o seu cabelo literalmente conxelásese. 
Wang Fuman, de 8 anos de idade e quen vive en Shaotong, un pequeno pobo ao sur da provincia de Yunnan, foi fotografado no momento en que acababa de entrar á aula, co cabelo e as cellas cubertos de xeo, xa que camiña 4.5 quilómetros ao día para poder chegar á escola. 
Ese día, as temperaturas descenderon a máis da metade en menos dunha hora, o tempo que o pequeno fai de viaxe cada día, alcanzando ata os 9 grados centígrados baixo cero, provocando que o seu cabelo conxelásese. 
A historia detrás de Wang tamén é triste, pois o seu pai é un migrante que traballa noutra cidade e non o viu en meses, mentres que a súa nai abandonounos. Vive nunha casa de barro xunto á súa irmá maior e a súa avóa. 
O director da escola primaria Zhuanshanbao, chamado Fu, é quen tomou e compartiu a fotografía e comentou que o pequeno é un dos estudantes máis dedicados que teñen no colexio, especialmente bo en matemáticas e que o día que chegou conxelado iniciaba o periodo de exames. 
Tamén se compartiu unha fotografía das mans de Wang, as cales aprécianse conxeladas e ásperas. O neno menciona que traballa axudando á súa avóa na súa granja, motivo polo cal as súas mans están nesa condición. 


Malia o seu estilo de vida, os seus mestres comentan que o pequeno sempre está cun enorme sorriso e gústalle facer xestos para facer rir aos seus compañeiros.

xoves, 11 de xaneiro de 2018

ACREDITACIÓN DE COMPETICIAS. CONVOCATORIA 2018



A Consellería de Educación publicou a orde do 29 de decembro de 2017, pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais.



SOLICITUDES: 

  • Prazo: do 10 de xaneiro ó 2 de febreiro de 2018. 
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion.
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.

http://www.edu.xunta.es/fp/convocatoria-2018-acreditacion

ESCOLAS SEGURAS - ESPAZO EDUCATIVO LIBRE DE LGTBFOBIA





CHARLA SOBRE ALEPO (SIRIA)

Hoxe pola mañá estivo no centro Ana, a traballadora social da asociación PROVIVIENDA para explicarnos, ó alumnado de 4º ESO e ó profesorado, como é o proceso de acollida dunha familia solicitante de asilo. Explicounos un pouco a problemática dunha zona concreta de Siria, como é ALEPO; como era antes da guerra que están a sufrir, de que vivian, con que recursos contaban, ... e como é a situación actual. Para rematar o alumnado preguntou todo o que quixo sobre o tema.
Grazas Ana pola colaboración.
Este curso imos ter unha experiencia distinta, enriquecedora, ...  A escolarización no noso instituto de alumnado procedente de Siria, país en guerra.

luns, 8 de xaneiro de 2018