sábado, 25 de novembro de 2017

ALTO! NON VIOLENCIA

Toda a comunidade educativa do IES A GUÍA 
fai un ALTO! contra a violencia de xénero

https://drive.google.com/open?id=1ob8ovMuuHF_RxGAsACeCCdULhv7aUVqM

Grazas a toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado, persoal de limpeza, de cafetería, de conserxería, administrativos, pais/nais do alumnado) pola vosa participación. 
MOITAS GRAZAS 

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

https://drive.google.com/open?id=1SoC2xkd3VISsspEhX2lIaEtTSHFqSeqS
http://www.enlazavigo.org/microvideos/

ENLAZAVIGO

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro de cada ano, a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e mailo Consello Municipal da Muller poñen en marcha un conxunto de accións dirixidas a sensibilizar a sociedade sobre a violencia que se exerce contra as mulleres. ENLAZAVIGO. O noso instituto participou nas distintas actividades, fixemos dous murais contando coa colaboración da profesora Tania do departamento de plástica, fixemos un microvideo sobre a violencia contra a muller coa implicación do departamento de orientación e tamén participou o alumnado de 3º ESO e 1º FPB nas actividades que este ano tiveron lugar nas Travesas coa compañía dos titores deses cursos, Xoan e Alberto, e o orientador do centro, Fran.

xoves, 23 de novembro de 2017

CHARLA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe pola mañá con motivo do día internacional da eliminación da violencia contra a muller que se vai celebrar o 25 de novembro, no salón de actos do instituto tivo lugar unha charla para distintos cursos (4º ESO, 1º e 2º CM, 2º FPB e 1º cursos de ciclos superiores) sobre o tema VIOLENCIA DE XÉNERO. Contamos para elo coa colaboración de tres alumnos/as do CS de comercio internacional: Inca, Verónica e Andrés, que nos ofreceron o seu punto de vista sobre o tema. Faláron sobre o feminismo, o patriarcado, sexo e xénero, desigualdade de xénero no ámbito doméstico, micromachismos, ... temas interesantes que fomentaron o debate entre os asistentes.
Desde o departamento de orientación agradecer a seu traballo e colaboración e esperamos seguir contando coa participación de moito alumnado nas diferentes actividades programadas para este curso.

PROTOCOLO DE PREVENCIÓN, DETECCIÓN E INTERVENCIÓN DO RISCO SUICIDA NO ÁMBITO EDUCATIVO



Este Protocolo enmárcase dentro do Plan de Prevención do suicidio en Galicia, en cuxa elaboración participou activamente e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, desde unha visión global multidisciplinar e interinstitucional desta problemática. Este modelo de actuación pretende ser un marco global orientativo que cada centro educativo poderá adaptar e contextualizar á súa realidade e características concretas e formará parte do Plan de Convivencia.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_prevencion_deteccion_intervencion_risco_suicida_ambito_educativo.pdf

ESCOLA DE PAIS/NAIS - A AUTOESTIMA

Onte tivo lugar a segunda xuntanza de pais/nais deste curso 2017/2018. O tema a traballar foi a autoestima, e para elo reunímonos un grupo de pais/nais no salón de actos do instituto contando coa colaboracion de Marta da asociación Érguete. Fíxonos reflexionar sobre a maneira de relacionarnos entre nós, da importancia da nosa autoestima para poder mellorar a dos demáis, como facer para aumentar a autoestima nós nosos fillos/as, ...
Unha reunión interesante e que esperamos quitarlle beneficio a hora de relacionarnos cos nosos fillos e fillas co obxectivo de que melloren a súa autoestima xa que se considera importante para unha vida exitosa e feliz.
Eu creo que aprendimos moitas cousas e pasámolo ben.
Grazas pola vosa asistencia e espero contar con vós para a próxima.


https://drive.google.com/open?id=1TFWmgcDDqm9Gqpma81rrNgfjb2KkoCLC

NON VIOLENCIA - VIDEOS

VIOLENCIA DE XÉNERO

A serie de cinco cortometraxes "Atopa o Verdadeiro Amor", dirixidos e producidos pola Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) permite traballar diferentes ámbitos relacionados coa violencia de xénero na adolescencia a través de cinco historias diferenciadas protagonizadas por mozas. O seu visionado debe ser acompañado das actividades para o uso educativo dos mesmos contidas na Guía Didáctica, o que lles converten nun recurso de fácil acceso e utilización para profundar e traballar na prevención da violencia de xénero no ámbito educativo. O obxectivo fundamental é ensinar a detectar os primeiros sinais do maltrato na adolescencia e informar de que facer ante unha situación de maltrato.

luns, 20 de novembro de 2017

20 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS/AS

 
A celebración do Día do neno e a nena remóntase o ano 1924, cando a Liga das Nacións, precursora das Nacións Unidas, aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno/a. 
A declaración establece o dereito dos nenos/as a dispor de medios para o seu desenvolvemento material, moral e espiritual; asistencia especial cando estean con fame, enfermos, discapacitados ou quedaran orfos; ser os primeiros en recibir socorro cando se atopan en dificultades; liberdade contra a explotación económica; e unha crianza que lles inculque un sentimento de responsabilidade social. Posteriormente, en 1948, as Nacións Unidas, aprobaron unha segunda Declaración dos Dereitos do Neno/a. No seu artigo 25 di que a infancia ten “dereito a coidados e asistencia especiais” 
Foi en 1959 cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas autorizou unha terceira Declaración destes Dereitos. Recoñece dereitos como a liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a unha nacionalidade. Tamén consagra especificamente os dereitos dos nenos/as á educación, a atención da saúde e a unha protección especial. Suxeriu a todos os gobernos que celebraran o día do neno.

 
Dereitos dos nenos/as
Derechos ¿de los niños y niñas?

xoves, 16 de novembro de 2017

MURAIS PARA O 25 DE NOVEMBRO - ENLAZAVIGO

Estos son os dous murais que fixeron os/as alumnos/as de 3º ESO do instituto para presentar na actividade de enlazavigo co motivo do próximo 25 de novembro, día internacional de non violencia contra a muller. Xa os podedes ver na rúa do Principe en Vigo.
Os nosos parabéns a dito alumnado polo traballo ben feito. 
Grazas pola vosa colaboración. 


Deixovos unhas instantaneas para que vexades como traballou este alumnado. O pracer de facer algo no que estaban motivados.

xoves, 9 de novembro de 2017

OBRADOIRO PREVENCIÓN DE CONDUTAS VIOLENTAS

Hoxe en día prensa, radio, internet e televisión fanse eco de gran cantidade de conduta violentas e hai quen pensa que isto é só un reflexo da violencia existente na sociedade, provocada pola pérdida de valores ou a instauración de valores erróneos. Por esta razón, a difusión de valores como a cooperación, a tolerancia, a solidariedade, e a aprendizase de habilidades sociais, de comunicación e de resolución de conflitos é crucial para evitar a aparición destas codutas.
Estas semanas o grupo de alumnado de 3º ESO e 1º FPB están a traballar no obradoiro de prevención de condutas violentas coa "cruz roja juventud". Estanse vendo temas interesantes como o racismo e xenofobia, a violencia de xénero, o bullying e prevención da violencia a través das TICs, ... esperemos que sexa do voso interese e que aprendades moito.

14 NOVOS GRAOS EN GALICIA ATA 2021




Novos graos

USC: Biotecnoloxía, Criminoloxía – ambos no campus de Santiago -; Emprendemento, Xestión do Patrimonio e Industrias Culturais, Robótica Agroforestal, Bioquímica Agroforestal (todos estes no campus de Lugo). Amais, introdúcese o grao interuniversitario xunto á UDC en Paisaxe, que se impartirá no campus de Lugo dous anos, e na Coruña outros dous.

UDC: ademais de Paisaxe, xorden os graos en Xestión Industrial da Moda, Xestión da Información e Documentación Dixital, Enxeñaría Eléctrica (estes no campus de Ferrol) e os de Ciencia e Enxeñaría de Datos e Creación Dixital, Animación e Videoxogos, no campus da Coruña.

UVigo: Enxeñaría Biomédica, no campus de Vigo; e Deseño e Creación, no de Pontevedra.

Os títulos singulares considéranse “necesarios” para unha oferta completa.
Ademais, a Xunta e as universidades acordaron declarar oito títulos singulares, que pese a non ter moita demanda nos últimos anos, considéranse necesarios para contar cunha oferta completa, integrada e coherente; en definitiva, esenciais e indispensables para o sistema. Son os graos en Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Galegas, Xeografía e Ordenación do Territorio (USC); Tecnoloxía da Enxeñaría Civil, Enxeñaría Naval e Oceánica, Arquitectura Técnica e Galego e Portugués (UDC); e Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos (UVigo).

Títulos retirados

Por outra banda, decidiuse retirar unha serie de graos que “presentan de maneira reiterada unha moi baixa demanda”. Na maioría dos casos, segundo indica a Xunta, no curso no que se retira a oferta do 1º curso do título comeza a impartirse un novo cun perfil máis axeitado. A retirada farase de xeito ordenado e programado. 

Estes graos son, 

--na USC, os graos en Enxeñaría en Xeomática e Topografía, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, Xestión de PEMES, e Lingua e Literatura Españolas

--no caso da UDC, retíranse da oferta os graos en Humanidades, en Información e Documentación, en Enxeñaría Eléctrica e en Ciencias Empresariais (este último, con demanda, pero retírase por organización interna da Universidade). 
 
--Na Universidade de Vigo, pola súa parte, non se retira ningún grao.

Títulos duplicados con baixa demanda e multiplicados con alta
Hai, ademais, unha serie de títulos de grao que están duplicados no sistema, que ofrecen a mesma habilitación profesional e comparten unha habitual baixa demanda de estudantes. A solución para estes casos pasa por elaborar unhas directrices conxuntas entre as tres universidades, a través do Consorcio Interuniversitario de Galicia, para impulsar a colaboración e a potenciación da súa oferta docente.
Os títulos que se atopan nesta situación son: 

-- o grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (USC) e o grao en Enxeñaría Forestal (UVigo); 
-- o grao en Enxeñaría Agrícola e Alimentaria (USC) e o grao en Enxeñaría Agraria (UVigo); 
-- e, por último, o grao en Enxeñaría Civil (USC) e o grao en Enxeñaría de Obras Públicas (UDC).

No sistema tamén se detectan títulos multiplicados con alta demanda. Neste caso, segundo informa a Xunta,” tentarase diversificar a oferta global a través de orientacións, axeitando a oferta global ás demandas da sociedade galega, ou ben homoxeneizando contidos e competencias nos dous primeiros cursos para favorecer a mobilidade dentro do SUG”.

Así, vaise propoñer, por parte dun comité de expertos académicos de fóra de Galicia, a homoxeneización de, polo menos, os dous primeiros cursos, e incluiranse suxestións de orientacións ou mencións para os dous últimos cursos.

Posteriormente, constituirase unha comisión interuniversitaria integrada por representantes de cada universidade vinculados ao título que valorarán os informes previos e, de consideralo axeitado, consensuarán os títulos especializados que procedan.

Os nove títulos nesta situación son: Administración e Dirección de Empresas, Química, Bioloxía, Comunicación Audiovisual, Enfermería, Dereito, Educación Primaria, Educación Infantil e Enxeñaría Informática.




domingo, 5 de novembro de 2017

EU A ESO NON XOGO - ACOSO E CIBERACOSO



Esta guía foi editada o pasado mes de setembro por Save the Children España. Pretende axudar ás familias a enfrontarse a situacións de acoso para as que, a miúdo, non se senten ou non están suficientemente preparados.
Falase de acoso e ciberacoso para pais e nais do alumnado.
Defínense conceptos esenciais, facilítanse pautas sobre o seu detección e detállanse os pasos a seguir nos diferentes escenarios (vítima, agresor ou espectador do que está ocorrendo); así como proporciónanse indicacións sobre as consecuencias que pode traer consigo este tipo de situacións cando non se abordan adecuadamente.

http://www.observatoriodelainfancia.es/oia/esp/descargar.aspx?id=5463&tipo=documento

MEDO NO IES A GUÍA - SAMAIN 2017