sábado, 28 de outubro de 2017

TDAH - LA VIDA DE MARIO


DISCIPLINA NA AULA

Neste vídeo fálase sobre como aplicar o castigo no aula de xeito efectivo, que castigos non son útiles ou empeoran as condutas, outras formas de extinguir condutas perturbadoras sen ter que castigar, castigos en primaria ou en secundaria e como manter a suficiente disciplina no aula para que a aprendizaxe sexa propicio. 

domingo, 8 de outubro de 2017

¿QUÉ ES ESO DE LA EBAU?


NORMAS EN POSITIVO


JUVENTUD EN ISLANDIA


Islandia sabe cómo acabar con las drogas entre adolescentes, pero el resto del mundo no escucha. En los últimos 20 años, Islandia ha reducido radicalmente el consumo de tabaco, drogas y bebidas alcohólicas entre los jóvenes. ¿Cómo lo ha conseguido y por qué otros países no siguen su ejemplo? 

martes, 3 de outubro de 2017

DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON PARÁLISE CEREBRAL


O primeiro mércores de outubro de cada ano, celébrase o Día Mundial das persoas con Parálise Cerebral.

MÉRCORES 4 DE OUTUBRO DE 2017

Que é a parálise cerebral?
Desorde permanente e non inmutable da postura e o movemento debido a unha disfunción do cerebro antes de completarse o seu crecemento e o seu desenvolvemento.

É unha afectación neurológica causada por unha lesión no encéfalo inmaduro e está caracterizada por unha desorde non progresiva do sistema motor, o cal afecta ao ton, á postura e ao movemento.

É un trastorno irreversible debido a que as células nerviosas danadas non se poden rexenerar, polo tanto persiste durante toda a vida aínda que pode mellorarse cun tratamento adecuado, que comezará canto antes.

A miúdo existen PROBLEMAS ASOCIADOS, tales como: atraso mental, epilepsia, problemas de crecemento, perda auditiva, trastornos da visión (estrabismos, miopía, hipermetropía, ...) sensibilidade e percepción anormais (algúns teñen deficiencias na habilidade para sentir sensacións simples como as do tacto ou a dor, tamén poden ter dificultades en percibir ou identificar obxectos usando o sentido do tacto), problemas emocionais ou de carácter e trastornos de linguaxe.

Os síntomas da PC son de severidade variable, dunha persoa a outra, e poden cambiar co tempo. As persoas que teñen PC non poden controlar algúns ou todos os seus movementos. Unhas persoas poden estar moi afectadas en todo o seu corpo, outras poden ter dificultades para falar, camiñar, no equilibrio ou para usar as súas mans. Outras serán incapaces de sentarse sen apoio, necesitarán axuda para a maioría das tarefas diaria.


ABALARMÓBIL

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía galega, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación do noso alumnado na sociedade dixital do século XXI. 
abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
Acceder aos datos persoais
Consultar as cualificacións
Consultar e xustificar as faltas de asistencia
Consultar as faltas de conduta
Solicitar unha cita de titoría
Consultar os datos do centro educativo
Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
Modificar o idioma da aplicación
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
Están a disposición das familias unha guía, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar dende o seu teléfono móbil, e un formulario para realizar consultas ou  tramitar incidencias relacionadas coa aplicación abalarMóbil.
Espazo abalar: abalarMóbil
Guía abalarMóbil