domingo, 30 de abril de 2017

XORNADA DE CONVIVENCIA

Este curso xa rematamos a formación do alumnado axudante, e como punto e seguido a este traballo, tivemos unha xornada de convivencia de todos os alumnos/as axudantes máis un grupo de alumnado convidado polos rapaces e rapazas que participaron nesta actividade.
Estivemos na provincia de Ourense, nun pobo chamado SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS, alí fixemos unha pequena andaina para coñecer unha lenda, o forno da santa (basílica inacabada da Asunción) donde Manuel, un experto nesta zona nos contou un pouco a historia diste templo, o castro de Armea, o monte do Señoriño. Logo estivemos coñecendo ALLARIZ, comemos e divertímonos, e xa pola tarde, tempo de relax nas pozas de Outariz (OURENSE).
Un pracer compartir momentos coma estes. 


https://drive.google.com/open?id=0B_1TkBrQ0c6yaE1LOWZiSGVqS3c


ALUMNADO AXUDANTE


XA TEMOS ALUMNADO AXUDANTE!
 
No presente curso 2016/2017, no IES A GUÍA, desde o departamento de orientación e coa colaboración de DIVERSIDADES, impartiuse un curso para formar ALUMNADO AXUDANTE, unha figura moi importante para a convivencia do centro. 
O papel do alumnado axudante é o dun observador da vida escolar e colaborador e moitas actividades de convivencia. Tamén permite a anticipación, e polo tanto, axuda a previr e a evitar situacións de conflito que poidan xurdir nas aulas. 
Mantéñense reunións periódicas de todos os últimos venres de cada mes ou cando se precise no salón de actos co alumnado axudante para trasladar propostas ou posibles problemáticas. Neste curso participaron alumnos e alumnas anotados, despois dun bo traballo na aula de motivación por parte dos titores e titoras do noso centro e do orientador.

TITORIAIS PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE


 
SIOPE de Vigo (Sección de Información, Orientación e Promoción da/o Estudante) fai uns días publicou unha recopilación de vídeos titoriais moi interesantes que vos poden axudar a respostar aquelas dúbidas que vos plantexades  do aceso á universidade, aos estudos universitarios.

sábado, 22 de abril de 2017

O OUTRO PAR

 Proposta para traballalas nas titorias da ESO.
A película exipcia "o outro par", recomendada pola profesora de debuxo, con só 4 minutos de duración, gañou o premio ao mellor cortometraxe do festival de cine. A Directora ten 20 anos de idade. A Lei do retorno. E pareceume bonito máis que o nome do curto, O outro par, é o dar. E cando ademais un é honesto máis aló da súa clase social, ese dar volve.

PROBAS DIAGNÓSTICA NA ESO

As probas diagnósticas de primaria e secundaria, que serán mostrais, realizaranse a finais de maio. 
Os resultados obtidos non repercuten en ningún caso nas cualificacións obtidas polos alumnos no curso escolar nin contan para o expediente académico. 
Avaliación de 4º curso ESO: os días 23 e 24 de maio. 
Ao redor de 70 centros seleccionados en base aos correspondentes criterios técnicos. As competencias avaliadas serán a matemática, a lingüística (en galego, en castelán e en lingua estranxeira), e a competencia social e cívica. 

xoves, 20 de abril de 2017

CINENSINO: FÁTIMA

Día de cine: o día 4 de maio ás 11:30 h, para o alumnado de 1º e 2º ESO
Película no cine salesianos ás 12:00 h.

Sinopsis

Fátima é unha muller inmigrante que vive en Francia xunto ás súas dúas fillas: a rebelde adolescente de quince anos Souad e Nesrine, que aos seus dezaoito anos acaba de comezar a carreira de medicina. Fátima non sabe falar ben francés e está preocupada polo futuro das súas fillas, que son o seu orgullo e alegría, pero tamén a causa de que perda o soño. Para poder pagar os seus estudos traballa sen descanso como limpiadora, pero un día sofre un accidente que lle obriga a gardar repouso. Entón aproveitará ese momento para escribir ás súas fillas en árabe, para así poder dicirlles todo aquilo que nunca puido expresar en francés.

luns, 17 de abril de 2017

DINÁMICAS GRUPAIS PARA TRABALLAR CON ADOLESCENTES

https://drive.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbVzV1UjdOWU93QVE/view

ABAU 2017


TI ELIXES - INFORMACIÓN PARA FUTUROS UNIVERSITARIOS

Guía necesaria para futuros estudantes de universidade que reúne a información básica que debes coñecer si queres acceder a estudos superiores en Galicia. 
Este documento está elaborado polo CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil da Coruña). A guía sérvenos de referencia para informarnos sobre o acceso a estudos superiores no próximo curso 2017-2018. 
Aquí atoparás información sobre: Titulacións Universitarias en Galicia, notas de corte, información da proba ABAU e calendario, parámetros de ponderación, acceso á universidade co título de Técnico Superior, información sobre aloxamentos das universidades do SUG, Webs das universidades públicas e privadas de todo ou estado, Webs de aloxamentos das universidades do resto do estado, centros de FP na Coruña, ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño, estudos Superiores de Deseño, Webs de bolsas e axuda.

https://drive.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbT3F5MW5qWEZkcUU/view

PROFESOR/A INOLVIDABLE


luns, 3 de abril de 2017

PROBA DE ACCESO A CICLOS SUPERIORES

Ver lugares e sedes
Instrucións para a realización das probas 
Lista definitivas 
Calendario das probas 

CONFERENCIA TDAH

GUÍA DE ABAU 2017

Se queres saber todo sobre a ABAU e sobre o acceso á universidade en Galicia 2017 podes consultar este caderniño que fixo Mónica Diz,  que recolle toda a información detallada. A ABAU e o acceso á universidade ainda están e proceso de regulación en Galicia polo que esta información pode estar suxeita a algunhas modificacións, que se incorporarán ao caderniño según vaian xurdindo.

domingo, 2 de abril de 2017

2 DE ABRIL - DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO - TEA


O 18 de decembro de 2007, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas adoptou a resolución 62/139, e instaurou o 2 de abril como Día Mundial da Concienciación ao Autismo instando aos Estados Membros, as organizacións competentes do sistema das Nacións Unidas e outras organizacións internacionais,  a que observen debidamente este día e tomen as medidas para a toma de conciencia a través da sociedade sobre os nenos con autismo. Desde entón, o movemento asociativo do autismo de todo o mundo celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo co obxecto de concienciar á sociedade sobre este tipo de trastorno e promover a inclusión social das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA). 
O tema elixido en 2017 por Nacións Unidas para celebrar este ano é "Cara á autonomía e a autodeterminación". Cada ano, o movemento asociativo do autismo en España súmase a este día e súmase á campaña de sensibilización e concienciación promovida desde Autismo Europa. Este ano 2017 o tema elixido é "Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Construamos unha sociedade accesible".