mércores, 31 de maio de 2017

PONDERACIÓNS NO DOG

Como di a miña compañeira Mónica, terminada a matrícula da ABAU en Galicia hoxe fanse oficiais  as ponderacións ao publicarse no DOG.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170531/AnuncioG0164-240517-0002_gl.pdf

martes, 30 de maio de 2017

TODO COMEZA CUN OLA

"Todo comeza cun ola", un anuncio de Movistar para concienciar aos mozos do fácil que é suplantar unha identidade hoxe en día e de que non hai que aceptar a calquera que che invite unha solicitude de amizade nas redes sociais. 
Un vídeo que penso poñer aos meus alumnos e alumnad de 1º e 2º ESO


domingo, 28 de maio de 2017

FARO IMPULSA - JESÚS GUILLÉN

https://drive.google.com/open?id=0B_1TkBrQ0c6yY0xzNlhZUWpjVEE



10 RAZÓN PARA NON PRACTICAR SEXTING



Practicar sexting ou sextear é unha práctica moi estendida entre os xoves consistente no envío de imaxes íntimas de sí mesmo/a de forma voluntaria a través de internet. Esta práctica, leva en moitas ocasións aos que a practican a verse inmersos nunha situación non desexada: difusión da imaxe, vídeo... a persoas ás que ti non llas enviaches; chantaxe por parte das persoa/s que reciben a imaxe para que as sigas enviando (o que se denomina sextorsión); situacións de violencia de xénero...  

http://www.pantallasamigas.net/xunta/nonsexting/

martes, 23 de maio de 2017

O MUNDO DA FORMACIÓN PROFESIONAL - FP

http://tv.uvigo.es/gl/video/mm/32688.html

http://tv.uvigo.es/gl/video/mm/32687.html

http://tv.uvigo.es/gl/video/mm/32686.html
http://tv.uvigo.es/gl/video/mm/32685.html

ACCESO A UNIVERSIDADE DESDE FP OU DESDE BACHARELATO

Aquí subimos uns videos do SIOPE da universidade de Vigo para que refresquedes información. 
 Os obxectivos prioritarios do SIOPE son: Ofrecerlles a todo o alumnado e persoas con titulación universitaria, así como a futuros universitarios e universitarias unha información clara e completa sobre todo o concernente á vida universitaria. Atender o alumnado que o requira nas áreas de orientación educativa, académica e sicopedagóxica. Promover o voluntariado e a integración na comunidade universitaria.

http://tv.uvigo.es/gl/video/mm/32759.html

http://tv.uvigo.es/gl/video/mm/32778.html

mércores, 17 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES



PROBAS CICLO MEDIO



MÉRCORES DÍA 31 DE MAIO
IES de  TEIS (VIGO)

Horario das probas
Presentación:
- Ás 9:00 horas.

Parte matemática e parte sociolingüística da proba:
- Das 10:00 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais).

Parte científico técnica da proba:
- Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía.



 

sábado, 13 de maio de 2017

RECLAMACIÓNS CUALIFICACIÓNS DE 2º BACHARELATO CURSO 2016 - 2017




Publicouse a Circular nº 2/2017 pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato para o curso 2016/2017:

Prazos de reclamación no centro:


  • Convocatoria ordinaria: 23 e 24 de maio de 2017 (ata as 14:00 horas).
  • Convocatoria extraordinaria: 5 e 6 de setembro de 2017 (ata as 14:00 horas).
Prazo de reclamación ante a Comisión de Supervisión:

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14 horas do día 29 de maio de 2017.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 18 horas do día 7 de setembro de 2017.



ALUMNADO AXUDANTE 2017


Neste curso 2016/2017 estivemos formando o novo alumnado axudante, alumnado cunhas características especiais que nos axudara a mellorar a convivencia no centro. Unha formación que os vai axudar nas súas funcións con miras a chegar a ser mediadores. 
FUNCIÓNS DO ALUMNADO AXUDANTE: 


  • Axuda aos seus compañeiros cando alguén lles molesta ou necesitan que os escoiten. Non lles aconsella, senón que lles escoita. 
  • Lidera actividades de grupo no recreo ou en clase. 
  • Pode axudar a outro compañeiro cando teña algunha dificultade cun profesor, mediando para a resolución do conflito.
  •  Pode axudar a outros compañeiros na organización de grupos de apoio en tarefas académicas, ou como alumnado axudante nalgunha materia que se lle dea ben. 
  • Axuda a alumnos que estean tristes ou decaídos por algún problema persoal e que necesiten que alguén lles escoite ou lles preste un pouco de atención. 
  •   Acolle aos recentemente chegados ao centro e actúa como acompañante. 
  •   Facilita unha mellora da convivencia no grupo.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e entusiasmo e a seguir traballando pola convivencia.