sábado, 16 de decembro de 2017

TREGUA NO NADAL


TÉCNICAS DE ESTUDO


TÉCNICAS DE ESTUDO 1º ESO 

TÉCNICAS DE ESTUDO 2º ESO 

TÉCNICAS DE ESTUDO 3º ESO 


TÉCNICAS DE ESTUDO 4º ESO 

 

APRENDIZAXE COOPERATIVO

Falamos de estrutura de aprendizaxe cooperativo cando se organizan tarefas nas que a cooperación é a condición para realizalas. Son tarefas de aprendizaxe que non se poden realizar si non é colaborando entre os compañeiros. 
Non se pode ter éxito si os compañeiros non o teñen. Lígase o éxito propio ao éxito do resto. A organización da aprendizaxe de modo cooperativo fai que se beneficien todos os alumnos, tanto os de maior, como os de menor capacidade. 
 
   "A capacidade de todos os alumnos de aprender a traballar cooperativamente cos demais é a pedra crave para construír e manter matrimonios, familias, carreiras e amizades estables. Ser capaz de realizar habilidades técnicas como ler, falar, escoitar, escribir, calcular e resolver problemas é algo valioso pero pouco útil si a persoa non pode aplicar estas habilidades nunha interacción cooperativa coas outras persoas no traballo, na familia e nas contornas comunitarias. O xeito máis lóxico de enfatizar o uso do coñecemento e as habilidades dos alumnos dentro dun marco cooperativo, tal como deberán facer cando sexan membros adultos da sociedade, é dedicar moito tempo á aprendizaxe destas habilidades en relacións cooperativas cos demais. (Johnson e Johnson, 1997)". 

xoves, 14 de decembro de 2017

UNITOUR

Hoxe o alumnado de 1º e 2º de bacharelato, acompañado polo profesorado, visitou a feira de orientacion UNITOUR que se celebrou en Vigo. Unha boa experiencia de auto-orientación, o alumnado foi informándose dos graos nas distintas universidades, preguntando as dúbidas, recopilando diferente información, collendo algún que outro bolígrafo, mochila,  ... Para moitos foi unha toma de contacto co mundo que lles espera, o mundo universitario.

luns, 11 de decembro de 2017

UNITOUR - SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIO EN VIGO

http://www.unitour.es/evento-colegios/Vigo
O mércores 13 de decembro de 2017, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 12ª edición do salón de orientación universitaria UNITOUR en Vigo.
O IES A GUÍA xa está inscrito e asistiremos o alumnado de 1º e 2 bacharelato. A saída será pola mañá e durará aproximadamente 2 horas. A saída do instituto será ás 11:35 horas e o regreso sobre as 13:30 horas. 
En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto dun grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento. 
Esta visita en grupo está organizada polo Departamento de Orientación en colaboración cos titores/as e profesorado de 2º de Bacharelato. 
Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15:00 ás 16:30 horas, a entrada será libre.
CENTROS PARTICIPANTES 
Blanquerna-Universidad Ramón Llull 
Centro Universitario Villanueva 
CESUGA 
ESADE 
Escuela Superior de Cine y Audiovisuales de Catalunya 
ESI Valladolid, Escuela Superior de Diseño 
ESIC Business & Marketing School 
ESNE - Escuela Universitaria de Diseño, Innovación y Tecnología 
Facultad de Turismo y Dirección Hotelera Sant Ignasi 
HULT International Business School 
IE Universidad 
IEB 
IED Madrid (Istituto Europeo di Design) 
IESIDE ISDE (Instituto Superior de Derecho y Economía) 
LCI Barcelona, Escuela Superior de Diseño 
Les Roches Marbella International School of Hotel Management 
NEXO 
Saint Louis University Madrid Campus 
Universidad Alfonso X El Sabio 
Universidad Carlos III de Madrid 
Universidad de Deusto 
Universidad de Navarra 
Universidad Europea de Madrid 
Universidad Europea del Atlántico 
Universidad Europea Miguel de Cervantes (UEMC) 
Universidad Nebrija Universidad Pontificia Comillas ICAI-ICADE 
Universidad Pontificia de Salamanca 
Universidade da Coruña 
Universidade de Santiago de Compostela 
Universidade de Vigo 
Universitat Pompeu Fabra Barcelona 
UVIC (Universitat de Vic - Universitat Central de Catalunya)

MOTIVACIÓN

luns, 4 de decembro de 2017

UNIVERSIDADE - PARÁMETROS DE PONDERACIÓNS E NOTAS DE CORTE


A CIUG publicou os parámetros de ponderación correspondentes á ABAU do ano 2018 que se terá en conta para o acceso a universidade no próximo curso 2017/2018.
Tamén se publicaron as notas decorte de acceso a universidade para o curso actual 2017/2018.

http://ciug.gal/PDF/ponderacions1819.pdf


http://ciug.gal/PDF/notas1718.pdf

CIUG

venres, 1 de decembro de 2017

1 DE DECEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA

 En 1988 a Organización Mundial da Saúde (OMS) propuxo o 1 de decembro de todos os anos como o Día Mundial contra a Sida. Desde ese ano ata 2004 ONUSIDA foi a encargada de organizar este evento para visibilizar e dar conta da evolución deste problema de saúde.
 Este ano 2017 a campaña, Día Mundial da Sida, ten o lema: A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO. 
A día de hoxe, a situación en Galicia con respecto á infección polo VIH está mostrando unha tendencia favorable na súa evolución diminuíndo o número de casos desde o ano 2014, o que nos fai ser optimistas de cara ao futuro. A diminución é especialmente notable nos casos nos que o seu mecanismo de transmisión son as relacións sexuais desprotexidas. A importancia do tratamento antirretroviral neste fenómeno de diminución do risco de transmisión unido ás prácticas sexuais protexidas vainos permitir avanzar e consolidar nos próximos anos esta boa tendencia. 
Exercitar e participar dos nosos dereitos á saúde contribuirá dun modo decidido para acadar mellores resultados no obxectivo común de ganar un futuro sen sida e sen infección polo VIH. Esa última etapa da infección polo VIH que constitúe a Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA) mostra xa na nosa Comunidade cifras moi favorables pola diminución constante que presenta desde fai 20 anos. O reto agora é mellorar o diagnóstico precoz das persoas que están infectadas polo VIH e que descoñecen a súa infección.
Por ti, pola xente que queres, por todos; fai a proba do VIH. A túa saúde, o teu dereito ¡exercítao!.

No IES A GUÍA non quixemos deixar de conmemorar o día mundial da SIDA, e para elo contamos coa colaboracion do alumnado de 2º FPB servizos comerciais e de algún alumnado AXUDANTE. Hoxe regaláronnos un folleto informativo sobre a SIDA, unha pegatina do lazo e un boligrafo.
Moitas grazas pola vosa colaboración.

ORIENTADOR


GUÍA DE IDENTIDADE DIXITAL

A Consellería de Educación ven de publicar esta guía onde diferentes expertos en contornas dixitais (entre eles Javier Garcia) responden a máis de 50 preguntas sobre a xestión da identidade dixital, a través de pequenos vídeos, ... así máis de 50 preguntas respondidas con rigor pero cunha linguaxe clara e cercana en forma de pequenas pílulas de vídeo e co apoio dunha guía de referencia. Porque todos podemos e debemos ser quen de ter unha identidade dixital coa que nos sintamos a gusto. 
O formato audiovisual da guía complétase cun documento en PDF. 
É unha guía imprescindible para formar a profesorado, familias e alumnado. 

 PDF

sábado, 25 de novembro de 2017

ALTO! NON VIOLENCIA

Toda a comunidade educativa do IES A GUÍA 
fai un ALTO! contra a violencia de xénero

https://drive.google.com/open?id=1ob8ovMuuHF_RxGAsACeCCdULhv7aUVqM

Grazas a toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado, persoal de limpeza, de cafetería, de conserxería, administrativos, pais/nais do alumnado) pola vosa participación. 
MOITAS GRAZAS 

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

https://drive.google.com/open?id=1SoC2xkd3VISsspEhX2lIaEtTSHFqSeqS
http://www.enlazavigo.org/microvideos/

ENLAZAVIGO

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro de cada ano, a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e mailo Consello Municipal da Muller poñen en marcha un conxunto de accións dirixidas a sensibilizar a sociedade sobre a violencia que se exerce contra as mulleres. ENLAZAVIGO. O noso instituto participou nas distintas actividades, fixemos dous murais contando coa colaboración da profesora Tania do departamento de plástica, fixemos un microvideo sobre a violencia contra a muller coa implicación do departamento de orientación e tamén participou o alumnado de 3º ESO e 1º FPB nas actividades que este ano tiveron lugar nas Travesas coa compañía dos titores deses cursos, Xoan e Alberto, e o orientador do centro, Fran.

xoves, 23 de novembro de 2017

CHARLA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe pola mañá con motivo do día internacional da eliminación da violencia contra a muller que se vai celebrar o 25 de novembro, no salón de actos do instituto tivo lugar unha charla para distintos cursos (4º ESO, 1º e 2º CM, 2º FPB e 1º cursos de ciclos superiores) sobre o tema VIOLENCIA DE XÉNERO. Contamos para elo coa colaboración de tres alumnos/as do CS de comercio internacional: Inca, Verónica e Andrés, que nos ofreceron o seu punto de vista sobre o tema. Faláron sobre o feminismo, o patriarcado, sexo e xénero, desigualdade de xénero no ámbito doméstico, micromachismos, ... temas interesantes que fomentaron o debate entre os asistentes.
Desde o departamento de orientación agradecer a seu traballo e colaboración e esperamos seguir contando coa participación de moito alumnado nas diferentes actividades programadas para este curso.

PROTOCOLO DE PREVENCIÓN, DETECCIÓN E INTERVENCIÓN DO RISCO SUICIDA NO ÁMBITO EDUCATIVO



Este Protocolo enmárcase dentro do Plan de Prevención do suicidio en Galicia, en cuxa elaboración participou activamente e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, desde unha visión global multidisciplinar e interinstitucional desta problemática. Este modelo de actuación pretende ser un marco global orientativo que cada centro educativo poderá adaptar e contextualizar á súa realidade e características concretas e formará parte do Plan de Convivencia.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_prevencion_deteccion_intervencion_risco_suicida_ambito_educativo.pdf

ESCOLA DE PAIS/NAIS - A AUTOESTIMA

Onte tivo lugar a segunda xuntanza de pais/nais deste curso 2017/2018. O tema a traballar foi a autoestima, e para elo reunímonos un grupo de pais/nais no salón de actos do instituto contando coa colaboracion de Marta da asociación Érguete. Fíxonos reflexionar sobre a maneira de relacionarnos entre nós, da importancia da nosa autoestima para poder mellorar a dos demáis, como facer para aumentar a autoestima nós nosos fillos/as, ...
Unha reunión interesante e que esperamos quitarlle beneficio a hora de relacionarnos cos nosos fillos e fillas co obxectivo de que melloren a súa autoestima xa que se considera importante para unha vida exitosa e feliz.
Eu creo que aprendimos moitas cousas e pasámolo ben.
Grazas pola vosa asistencia e espero contar con vós para a próxima.


https://drive.google.com/open?id=1TFWmgcDDqm9Gqpma81rrNgfjb2KkoCLC

NON VIOLENCIA - VIDEOS

VIOLENCIA DE XÉNERO

A serie de cinco cortometraxes "Atopa o Verdadeiro Amor", dirixidos e producidos pola Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) permite traballar diferentes ámbitos relacionados coa violencia de xénero na adolescencia a través de cinco historias diferenciadas protagonizadas por mozas. O seu visionado debe ser acompañado das actividades para o uso educativo dos mesmos contidas na Guía Didáctica, o que lles converten nun recurso de fácil acceso e utilización para profundar e traballar na prevención da violencia de xénero no ámbito educativo. O obxectivo fundamental é ensinar a detectar os primeiros sinais do maltrato na adolescencia e informar de que facer ante unha situación de maltrato.

luns, 20 de novembro de 2017

20 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS/AS

 
A celebración do Día do neno e a nena remóntase o ano 1924, cando a Liga das Nacións, precursora das Nacións Unidas, aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno/a. 
A declaración establece o dereito dos nenos/as a dispor de medios para o seu desenvolvemento material, moral e espiritual; asistencia especial cando estean con fame, enfermos, discapacitados ou quedaran orfos; ser os primeiros en recibir socorro cando se atopan en dificultades; liberdade contra a explotación económica; e unha crianza que lles inculque un sentimento de responsabilidade social. Posteriormente, en 1948, as Nacións Unidas, aprobaron unha segunda Declaración dos Dereitos do Neno/a. No seu artigo 25 di que a infancia ten “dereito a coidados e asistencia especiais” 
Foi en 1959 cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas autorizou unha terceira Declaración destes Dereitos. Recoñece dereitos como a liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a unha nacionalidade. Tamén consagra especificamente os dereitos dos nenos/as á educación, a atención da saúde e a unha protección especial. Suxeriu a todos os gobernos que celebraran o día do neno.

 
Dereitos dos nenos/as
Derechos ¿de los niños y niñas?