luns, 31 de outubro de 2016

DÍA DO ENSINO

https://www.youtube.com/embed/VxyxywShewI
31 de outubro: DÍA DO ENSINO
FELIZ DÍA!

OUTROS ESTUDOS

POLICIA NACIONAL, ESCALA BÁSICA: Nacionalidade española. Idade: 18 a 29 anos. Bachiller. Carné de conducir clase B. Non ser separado do servizo do Estado. Estatura: 1.65 home; 1.60 muller. Compromiso asinado de portar armas. Acceso: Haberán de superarse as probas selectivas correspondentes mediante concurso-oposición.
INSPECTOR DE POLICÍA: Requisitos: Os mesmos que para policía. Estar en posesión do título de enxeñeiro Técnico, Arquitecto Técnico, Diplomado Universitario ou formación equivalente ou superior (Grado). INGRESO: Por oposición libre ou ben mediante promoción interna habendo estado 3anos permanencia mínima na categoría de Subinspector.
ESCALAS DE CABOS E GARDAS DA GARDA CIVIL: Nacionalidade española. Idade: 18 a 29 anos. Acreditar boa conduta. Non posuír antecedentes penais. Graduado en Educación Secundaria ou equivalente. Carné de conducir B ou superior. Estatura: 1.65 home; 1.60 muller. Haberán de superarse probas selectivas.
MILITAR. ESCALA SUBOFICIALES: Requisitos: Titulo de Bachiller ou equivalente; proba de acceso aprobada a un ciclo formativo de grado superior; ter entre 18 e 22 anos; estar libre de antecedentes penais; superar unha proba de ingreso.
MILITAR. ESCALA OFICIAIS: Acceso directo é a forma de acceso para adquirir a condición de Militar de Carreira. Os requisitos particulares varían segundo a forma de acceso, os Corpos e Escalas. Existen unhas condicións por titulación para acceder a cada Corpo e Escala dentro da Carreira Militar. Hai opcións co Bachillerato e coa Selectividad.
POLICÍA LOCAL: Requisitos: Ser español ou ter nacionalidade española. Idade inicial, idade limite, titulación básica necesaria, modalidade de permisos de condución esixida, varía segundo CC AA. Estar en posesión do título de Bachiller, Técnico Superior ou equivalente; ter unha estatura mínima de 1,60 metros para as mulleres e 1,65 para os homes; estar en posesión dos permisos de condución A, B e BTP


venres, 28 de outubro de 2016

AMABILIDADE


ESTÁS A TEMPO ...

CHARLA DE ARELA-KTORCE18


Hoxe pola mañá, e trala solicitude feita polo Departamento de Orientación, Rafael, a persoa encargada de dar a charla da asociación ARELA de Pontevedra, desprazouse ao noso instituto para informar ao alumnado de 3º ESO e 1º FPB dos aspectos relevantes da Lei do Menor. O obxectivo de dita charla era a de previr condutas que os leven a cometer infracións, facendo especial fincapé nos riscos que implican as redes sociais. Esta actividade está recollida dentro do programa "Katorce-18" que a asociación ARELA desenvolve en distintos centros educativos. Este programa quere achegar a Lei do Menor, reguladora da responsabilidade penal das persoas menores de idade, a institutos e colexios de Galicia para informar, previr e facelos conscientes das consecuencias dos seus actos.

ACOSO ESCOLAR


Teléfono contra o acoso escolar: 
900 01 80 18
 

martes, 25 de outubro de 2016

PÁRATE A PENSAR

Un interesante recurso para a educación en valores, Párate a Pensar
Los valores del respeto y la convivencia contra el acoso escolar. Segundo a propia ONG, o programa ofrece ferramentas para afrontar desde a educación a complexa etapa da adolescencia. 
Trátase de 50 actividades que "abordan maneiras de formar a personalidade adolescente e potenciar a súa autoestima, as relacións cos seus compañeiros e a familia e de promover o esforzo e a participación social por un mundo máis xusto e solidario".
PDF 

luns, 24 de outubro de 2016

ESTRATEXIAS PARA A MELLORA DA XESTIÓN DA AULA

http://xtec.gencat.cat/web/.content/alfresco/d/d/workspace/SpacesStore/0025/f90a12bb-7722-4e36-a558-d5fb6b02b531/estrategias_mejora_gestixn_aula_j.vaello.pdf

https://drive.google.com/file/d/0B_1TkBrQ0c6ySTlsb1ZoSWtrQ2c/view?usp=sharing

SECRETOS DE GUERRA


"CAMIÑO Á ESCOLA"

 Un documental que narra a historia real e extraordinaria de catro pícaros, heroes cotiáns: Jackson, Carlitos, Zahira e Samuel, que deben enfrontarse diariamente cunha multitude de adversidades e perigos para chegar á escola. Estes nenos viven en catro puntos moi distantes da terra, pero comparten as mesmas ganas de aprender e son conscientes de que só a educación abriralles as portas a un porvir mellor.
"Camiño á escola" é unha película que transmite optimismo e esperanza nun futuro, onde para Jackson, Carlitos, Zahira e Samuel todo é posible con coraxe, predeterminación e esforzo


Guía didáctica (adaptada da Guía Didáctica de Abordar. Casa de Películas).

CONVIVES

REVISTAS CONVIVES
http://convivesenlaescuela.blogspot.com.es/

domingo, 23 de outubro de 2016

DESCONECTATE!

Vese cada vez con máis frecuencia. Un grupo de mozos e mozas están xuntos... xuntos?. Uns escoitan co mp3, mp4 cos seus auriculares, outros poñen mensaxes ou xogan co móbil, outros está metido de cheo no seu portátil... Apenas falan entre si. Están xuntos pero cada un vai á súa bóla.

Nas nosas casas tamén pasa. Estamos no salón, compartindo talvez un mesmo espazo... conectados cada un ao "noso", pero "desconectados" entre nós.

Observa con detenimiento o seguinte vídeo. É un anuncio tailandés, pero dá igual, é fácil de entender xa que a mensaxe que quere transmitir é universal. O que nos mostran estas imaxes pásanos, cada vez máis a todos de cando en vez; estamos tan inmersos nos nosos propios asuntos que acabamos por perder o contacto con quen temos máis cerca.


sábado, 22 de outubro de 2016

ENTORNO DE ESTUDIO FAVORABLE


20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Estos días estamos a falar nas titorías sobre os DEREITOS e DEBERES que teñen os alumnos e alumnas. O 20 de Novembro conmemórase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia uno deses Dias en que os medios de comunicación poñen o foco nos problemas da infancia e que nos serve tamén de pretexto educativo para tratar nos centros este importante asunto.
Para reflexionar sobre todo os que nos queda aínda por facer para que os nenos e nenas de moitos lugares do mundo poidan gozar dos mesmos dereitos que nós xa gozamos, imos a visionar unha reportaxe de INFORME SEMANAL titulado "NENOS SEN DEREITOS" (de 13,55 m. de duración). Despois podedes debatir sobre o tema.

 

TÉCNICAS DE ESTUDO PARA A ESO



Aquí tedes un material para traballar nas titorías, sobre diferentes técnicas de estudo en PDF para os alumnos e alumnas da ESO.

Introdución
Mellorar a velocidade lectora
Mellorar a comprensión lectora
Técnicas para sintetizar textos (I): Subliñar
Técnicas para sintetizar textos (II): Facer esquemas
Técnicas para sintetizar textos (III): Cadro sinóptico
Técnicas para sintetizar textos (IV): O resumo
Técnicas para sintetizar textos (V): Os mapas conceptuais
O traballo na aula
Como elaborar e redactar un tema escrito
Como estudar
Como preparar un exame
Organización do tempo persoal
Como mellorar a memoria


TÉCNICAS DE ESTUDO EN VIDEO

HABITOS DE ESTUDO
   


MAPAS CONCEPTUAIS 
 


COMO FACER UN RESUMO 
  


COMO MELLORAR A MEMORIA
  

 
 MÉTODOS DE CONCENTRACIÓN



 COMO ESTUDAR PARA UN EXAME
 

luns, 17 de outubro de 2016

domingo, 16 de outubro de 2016

MENSAXES POSITIVOS PARA OS VOSOS/AS FILLOS/AS


CALENDARIO ESCOLAR 2016-2017

HÁBITO DE ESTUDO

O orientador Juan Antonio Planas Domingo publicou unha columna no Blog “Educación Canal Educación” con consellos para o inicio do curso e para adquirir bos hábitos de estudo. 
Como pasa todos os anos, o curso é unha carreira de fondo, polo que canto máis cedo comeces a adestrar máis preparado estarás para a recta final dos exames. É bo que, desde o inicio se teña hábito de estudo. Se aínda non hai unha gran cantidade de contido para comezar a estudar, podes empezar por ler algunha lectura recomendada para cada idade. Ademais, en lugar de repasar soamente a materia xa vista na clase, tamén se pode ler o tema que se vai explicar ao día seguinte. Iso axuda a ser máis atento, entender mellor o que o profesor está explicando e preguntar o que non se entende. 
Débese ter en conta desde o principio, non facer PROCRASTINACIÓN. É dicir, retrasar tarefas,deixar para despois o máis ingrato, incumprir compromisos. Este é un dos principais problemas dos adolescentes e mozos. O problema é que cando se comeza a incumprir nosas propias previsións, chega o abandono. Deixar para os últimos días o estudo ou os traballos escolares é un erro que leva consigo ansiedade, desmotivación e baixas expectativas de éxito. 
Coidado co abuso teléfono móbil! Desconectalo mentres se estudaba. Evite as mensaxes, os whatsapps, os toques e as chamadas que acaban desconcentrando a un cada poucos minutos. Tamén é aconsellable non consultar o correo electrónico cada poucos minutos, se está estudando co seu ordenador. Ten un tempo fixo e planificado previamente para conectarte cos teus amigos, para que logo non te roube tempo de estudo. 
Despois de recibir a túa axenda e o horario de clases, debes organizar o teu horario de estudo tendo en conta outras actividades de lecer ou de formación que che interesen. A organización do estudo é a clave para o éxito. Todos os anos propoñémonos novos compromisos ao inicio de curso, pero para ser honesto, non sempre os mantemos. É importante que os compromisos sexan fáciles de realizar, de levar a cabo, para que nos acostumemos a cumprilos. Fai o teu horario de estudo persoal. Ten en conta cándo estás máis despechado e no fagas burradas cómo estudar máis tempo do que a túa mente aguanta. Fai unha pausa de dez minutos cada hora que estes estudando para despexar a mente. 
Os obxectivos que se marcan o inicio do curso, como o de estudar todos os días, teñen que se ante todo realistas. Primeiro, ten que se un obxectivo que se poda cumprir facilmente, e segundo que se obxectivable, é dicir, que podamos comprobar facilmente si o cumprimos ou non. É dicir, non planees estudar catro ou cinco horas todos os días si sabes de antemán que non o vas a facer. Mellor empeza por unha hora de repaso e comproba que cumpres cos horarios antes de por novas metas. Proba a establecer obxectivos para períodos curtos de tempo e centrarse en eles para cumprilos. Concéntrate a tope e cando remates, xa poder pasalo ben cos teus amigos. Unha vez feito isto, chega a hora de planificarse de forma máis exhaustiva para conseguir que estes compromisos convértanse nunha rutina. Iso si, é importante planificar tanto o ocio como o estudo. Ademais de facer deberes e repasar as leccións un para de horas todas as tardes, é aconsellable reservar un rato para saír cos amigos. 
 
 

NORMAS DE CLASE


CONSELLOS PARA ESTUDAR

Deben terse en conta os seguintes consellos:
• O lugar de estudo será axeitado e cómodo.
• Procura estudar sempre no mesmo lugar e ás mesmas horas.
• O lugar de estudo debe estar illado de ruídos e distraccións (sen TV, radio, xente falando,...).
• En xeral, estuda sen música ou cunha música suave de fondo.
• É recomendable deixar fóra do cuarto o móbil (para evitar tentacións). Se tes ordenador, mellor nunha mesa á parte, para non entorpecer o estudo.
• Deberías dispor dunha mesa ampla e dunha cadeira cómoda, coas costas rectas.
• Ordena a mesa antes de empezar a traballar e deixa a mesa recollida ao rematar.
• Debe contarse cunha luz axeitada (a mellor é a natural) e que ilumine desde o lado esquerdo.

sábado, 15 de outubro de 2016

REVISTA Nº 15 CONVIVES

https://drive.google.com/file/d/0BwmG_rAXpAZfNTlydmpTc3BtVGc/view

AVALIACIÓN FINAL NA ESO E NO BACHARELATO

Lémbrovos que estas probas están aprobadas actualmente polo Ministerio de Educación para inicialas no ano 2017 con todos os alumnos que acaben a ESO e o Bacharelato. Unicamente neste ano non terán efectos académicos (é dicir, non afectará á titulación) pero se che concederá unha cualificación coa que ordenar nunha lista para acceder aos estudos futuros que desexes realizar. Por iso, a súa importancia.


GUÍA METODOLÓXICA PARA O DESENVOLVEMENTO DAS HABILIDADES SOCIAIS

A guía está elaboradada por "Mind the gap", unha asociación de aprendizaxe. As organizacións que forman esta asociación desenvolven programas de educación e formación con mozos adultos de idades comprendidas entre 16 e 25 anos, algúns deles en situación de desventaja social ou de fracaso escolar, cun baixo nivel de habilidades sociais básicas.
A guía metodológica componse de catro seccións relacionadas cos catro temas que foron analizados no proxecto para mellorar o traballo en habilidades sociais:
  • Autoestima e autoconocimiento.
  • Comunicación interpersonal e resolución de conflitos.
  • Orientación laboral.
  • Educación intercultural e cidadanía europea.
As actividades están baseadas en dinámicas grupales, case todas aptas para traballar nun grupo-clase, a partir de secundaria. Recomendo este material para a tutoría da ESO a partir de 2º curso, e para a tutoría dos grupos de Formación Profesional Básica


https://drive.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbN1BsUE9WWmR2Q0U/view

BOLSAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA




A Fundación Amancio Ortega convoca bolsas para 1º de Bacharelato en High School de Canada ou USA.

Requisitos:
  • Estudar 4º de ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español
  • Ter unha nota media superior a 7 e unha nota en inglés igual ou superior a 8, en 3º de ESO
  • Non ter estudiado un curso académico no estranxeiro con anterioridade
  • Enviar o formulario online coa documentación requerida no prazo sinalado

Prazo de solicitudes:

Do 3 de outubro ao 15 de novembro de 2016

Consulta aquí toda información relativa á convocatoria e solicitude.

ESQUEMA DA ESO - LOMCE


FRASES QUE DIN TODOS OS PROFESORES

GUÍA SAUDABLE PARA O ADOLESCENTE

Unha guía moi breve da Editorial da Universidade da Plata, Argentina, con información para que os adolescentes disfruten dunha vida máis saúdable. Nela abórdanse as seguintes cuestións: que é a saúde, alimentación, actividade física, prevención de adiccións, etc. 

http://www.fundadeps.org/recursos/documentos/685/Guia%20Salud%20para%20Adolescentes.pdf

AS VIDAS DE MARIO

Proxecto As vidas de Mario, unha campaña de concienciación social sobre o TDAH que pretende fomentar o coñecemento sobre a importancia do apoio das persoas da contorna na evolución do TDAH ao longo da vida. 
As veces cústanos pensar, que aqueles que non son os pacientes, que non son os protagonistas nesta historia do TDAH, poidan ter un papel tan fundamental no desenvolvemento das persoas afectadas. Pero a realidade é que a implicación da contorna, en concreto da familia e dos profesores na idade infantil, é decisiva. 
 A túa comprensión, apoio e axuda, son os elementos máis importantes que os nenos/alumnos con TDAH necesitan para construírse como persoas. Para enfrontarse á falta de autoestima, ao estigma, ao rexeitamento por parte doutros nenos, ás malas notas, ás constantes rifas e castigos, ... Ante semellantes desalentos é difícil atopar onde agarrarse para ser aquela persoa que queres ser, pero non podes ser, porque tes TDAH e ninguén che axuda. 
Por iso, ti, que es actor secundario nesta historia, aprende o teu papel, porque parte da solución depende da túa actitude fronte ao TDAH. 
Non deixes de ver este video, en positivo ou en negativo
 
 

FILLOS ANTE A SEPARACIÓN DOS PAIS

http://www.psicodiagnosis.es/downloads/hijos-ante-separacion-padres.pdf

O MACHISMO QUE NON SE VE

Reportaxe da TVE que trata de dar visibilidade ao machismo presente na nosa cultura, nos medios de comunicación e nas relacións tanto familiares, laborais como sociais. 

ACOSO ESCOLAR

EDUCACIÓN

GRAO EN ENXEÑARÍA AEROESPACIAL


CURRICULUM

https://www.oficinadetreball.gencat.cat/CVGenerator/CVG?CNMACTION=cvinit&LANGUAGE=ES&TYPE=NORMAL

 
https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae
 

ESTUDOS SUPERIORES

http://www.avanzaentucarrera.com/publicaciones/guia-estudios-superiores-postgrado-2016.pdf

OS DEBERES


IES A GUÍA