martes, 31 de xaneiro de 2017

CHARLA INFORMATIVA SOBRE O EMPREGO XUVENIL

Hoxe o alumnado de 2º de FPB e 2º de ciclo medio de Actividades Comerciais tiveron unha charla informativa sobre orientación sobre o EMPREGO XUVENIL en Vigo e Comarca. Foi Ana (orientadora laboral) a encargada de informar sobre moitos temas de gran interese para o alumnado que está a piques de facer a FCT e rematar o ciclo.



http://xuventudevigo.org/
http://www.becasfeuga.es/
http://emprego.xunta.es/cmspro/contido
http://www.infoempleo.com/

http://xuventudevigo.org/

A VIDA FÁCIL

"The Easy Life" -  "A vida fácil" (2015) é un curto de animación en 3D de Jiaqi Xiong de dous minutos de duración pero intensa mensaxe contrapoñendo dous modelos ou ideas en torno ao traballo e a educación.
Esta curtametraxe no que unha pequena nena tenta eludir as súas responsabilidades fainos reflexionar sobre a importancia do esforzo persoal, o espírito de superación e a constancia no traballo.
No curto pódese visualizar facilmente como a educación consegue (trans)formarnos en moitos sentidos. Na escola non só aprendemos, senón que tamén consegue transformarnos como persoa.


sábado, 21 de xaneiro de 2017

xoves, 19 de xaneiro de 2017

DATAS DA PROBAS DE SELECTIVO -PAU 2017


SÍNDROME DE ASPERGER

 

REFLEXIÓN SOBRE A NOSA SOCIEDADE


SE BUSCAN VALIENTES

Un de cada dez nenos ou nenas sofre acoso escolar, para un de cada dez nenos/as ir a clase é un verdadeiro drama e o seu inferno continúa cando chega a casa a través das redes sociais. Os casos de acoso aumentan e por iso desde Mediaset quérese denunciar unha realidade que destroza a infancia de miles de nenos/as e que, ás veces, acaba coa súa vida. Esta nova campaña de Doce Meses está dirixida a quen é testemuñas do acoso a un compañeiro do colexio ou instituto. Mirar para outro lado multiplica o problema e por iso pídese valentía. O que denuncia é un valente. A través dun rap ao que puxo letra "O Langui" quérese chegar ao corazón dos máis pequenos, unha peza fundamental nesta batalla contra o bullying. Tamén se pon marcha a web sebuscanvalientes.com onde se dan as pautas para detectar o acoso e poder erradicalo.

http://www.mediaset.es/12meses/campanas/se_buscan_valientes/


LETRA DE "SE BUSCAN VALIENTES"

 

sábado, 14 de xaneiro de 2017

CONVIVES Nº 16

https://drive.google.com/file/d/0BwmG_rAXpAZfQzFoZzJsQmx3VGM/view

CARTA AOS MEUS ALUMNOS SUSPENSOS

Un profesor de Lingua e Literatura de ESO e esta carta do Nadal ao seu alumnado suspendido ofrécenos moitas claves para interpretar o que sucede en educación, para entender PISA e para soñar un pouco. Espero que vós guste. 



xoves, 12 de xaneiro de 2017

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS


Publicada a Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Importante
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacionEsta aplicación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2017.
  •  A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento. 
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro de 2017 ao 3 de febreiro de 2017.
MAIS INFORMACIÓN 

mércores, 11 de xaneiro de 2017

AVALIACIÓN BACHARELATO ACCESO A UNIVERSIDADE 2017

A presentación sobre a nova avaliación do bacharelato "PAU" que nos presenta Nuria Palao
 

BECAS EUROPA


Que é Bolsas Europa?
É unha iniciativa única promovida polo Banco de Santander e a Universidade Francisco de Vitoria para potenciar o talento, premiar a excelencia e apoiar a creación de redes de liderado.
O programa ten como obxectivo viaxar todo o máis profundo da historia, esencia e ideais da universidade, para espertar nos seus futuros alumnos a actitude do verdadeiro universitario. Construír unha rede de universitarios líderes en Europa dispostos a sacar o mellor da institución universitaria e reflectilo na sociedade.

 XIII Edición
O 8 de xaneiro de 2017 abriremos a convocatoria da XIII edición de Bolsas Europa. Enviaremos por correo a todos os centros de España onde se curse bacharelato unha carta que contén tres códigos.
Eses códigos serven para que os tres mellores alumnos seleccionados polo centro poidan inscribirse no proceso de selección.
En caso de non ter os códigos póñase en contacto coa Secretaría do Programa a través do mail: becaseuropa@ufv.es ou ao teléfono: 91 709 14 35

venres, 6 de xaneiro de 2017

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA PERSOAS MAIORES DE VINTE ANOS

Artigo 10.  Estrutura da proba
1. A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as modalidades de Ciencias e  Humanidades e Ciencias Sociais.
2. A proba constará de dous exercicios, o primeiro deles dedicado ás materias de Lingua  Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais. O segundo versará sobre as materias xerais propias e as materias troncais de opción correspondente a cada modalidade e itinerario.
3. Os contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo re collido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
4. O primeiro exercicio comprenderá as seguintes materias: Lingua Galega e Literatura I e II,  Lingua Castelá e Literatura I e II, Primeira Lingua Estranxeira I e II e as materias de Filosofía e Historia de España. Terá como obxectivo valorar a madureza intelectual e a formación  xeral da persoa aspirante naquelas competencias que favorecen a aprendizaxe ao longo  da vida. Será común para as dúas modalidades e estruturarase en catro partes:
a) Primeira parte. Lingua Galega e Literatura I e II.
b) Segunda parte. Lingua Castelá e Literatura I e II.
c) Terceira parte. Primeira Lingua Estranxeira I e II.
d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos  das materias de Filosofía e Historia de España.
5. O segundo exercicio terá un carácter diferenciado en función da modalidade escollida. Estruturarase en tres partes:
a) Primeira parte: realizaranse as probas das materias troncais xerais propias de cada modalidade. Para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas das materias de Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, segundo o itinerario escollido, realizaranse as probas das materias de Latín I e II ou Matemáticas Aplicadas ás  Ciencias Sociais I e II.
b) Segunda parte: realizaranse as probas das materias troncais de opción. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante escollerá unha entre as seguintes opcións: Física  e Química e Física, Física e Química e Química ou Debuxo Técnico I e II. Para a modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante seleccionará unha  opción entre Economía e Economía da Empresa ou Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.
c) Terceira parte: realizaranse as seguintes probas de materias troncais de opción de  modalidade. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante elixirá unha opción entre  Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía ou Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía. Para a modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais a persoa aspirante seleccionará unha opción entre as materias de Grego I e II, Literatura Universal e Historia da Arte ou Literatura  Universal e Historia da Filosofía.

EMBARAZOS PARA NON IR A ESCOLA


El Fracaso Educativo: Embarazos para no Ir a la Clase

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS. CM E CS




Prazo de inscrición:

    Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio CM: o prazo de presentación será entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os incluídos.

      Realización da proba:  31 de maio.

    Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CS: o prazo de presentación será entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os incluídos.

       Realización da proba:  20 de abril.


http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Probas%20acceso/2017/calendario_probas_acceso_2017.pdf

DISTINTAS PROBAS DE ACCESO A CM 

DISTANTAS PROBAS DE ACCESO A CS  

VARIOS 
 NOVIDADES

http://www.edu.xunta.es/fp/ven-fp
VEN A FP