mércores, 14 de decembro de 2016

ACCESO A UNIVERSIDADE 2017

https://drive.google.com/open?id=0B_1TkBrQ0c6ySTdHV0ZsLUUtVGM

2º BACHARELATO VISITOU UNITOUR (VIGO)

UNITOUR é un lugar de encontro para axudar aos alumnos a deseñar o seu futuro profesional a partir da correcta elección sobre tres cuestións fundamentais, Quen quero ser?, Que quero facer?, Que quero estudar? 
Durante o curso 2016/2017 realizarase a 11ª edición de UNITOUR. Despois do éxito dos dez anos anteriores, Unitour converteuse no salón de orientación de referencia para asesorar e orientar á hora de elixir grado.
Hoxe, tres profesores/as xunto co alumnado de 2º de bacharelato fixemos a visita para ter información de primeira man. Estivo ben!


luns, 12 de decembro de 2016

O BOE PUBLICA O R.D. QUE REGULA AS NOVAS REVÁLIDAS

O BOE do sábado, 10 de decembro de 2016, ven de publicar o Real Decreto-ley 5/2016 que regula a non aplicación do calendario de implantación da LOMCE, no relativo ás reválidas de Primaria, Secundaria e Bacharelato.
En concreto, este RD, respecto das reválidas,  indica o seguinte:
REVÁLIDAS DE PRIMARIA:  limítase a 6º de Primaria, terá carácter muestral e finalidade diagnóstica.
REVÁLIDA DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA: terá carácter muestral  (unha selección de centros), terá finalidade diagnóstica e non condicionará a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Avaliaranse as competencias lingüística, matemática e social e cívica, tomando como referencia as materias xerais do bloque de troncais de 4º de ESO.
  • O título de Graduado en ESO, dará acceso a calquera ensinanza postobrigatoria.

REVÁLIDA DE BACHARELATO:  Só terá que realizala o alumnado que desexe acceder á universidade.
  • Non terá efecto ningún sobre o título de Bacharel.
  • Versará sobre o bloque de materias troncais de 2º de bacharelato.  
  • A cualificación para o acceso á universidade será o 60% da cualificación do bacharelato e o 40% da cualificación obtida na reválida; sempre e cando esta media ponderada sexa igual ou superior a 5, o alumno poderá concorrer aos procesos de admisión de calquera universidade española.
  • O alumnado poderá subir a nota examinándose de 2 das materias de opción de 2º de bacharelato.

sábado, 10 de decembro de 2016

QUE É A EPILEPSIA?

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxtYW51ZWxzYWxndWVpcm9tZW5kZXoyfGd4OjY1NzIyZjRhMWNiZDAyZjM

- Que é a epilepsia?
- Cales son algúns dos tipos de crises epiléptica?
- Que causa a epilepsia?
- Como pode coidar do seu epilepsia?
- Como se pode tratar a epilepsia?
- Que outras cousas pode facer para axudar a controlar as crises epilépticas?
- Como pode manexar os seus sentimentos sobre a epilepsia?

http://vivirconepilepsia.es/campanyas/conocer-la-epilepsia-nos-hace-iguales/

https://drive.google.com/open?id=0B_1TkBrQ0c6yMm5ZMmRzNVhLMzg

AVALIACIÓN DE BACHILLERATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE. 2017

A Secretaría de Estado de Educación publicou o proxecto da Orde Ministerial pola que se regula a proba de avaliación final de bachillerato, denominada agora "AVALIACIÓN DE BACHILLERATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE". 
Como establece o título da orde, esta proba non será necesaria para titular en bachillerato, senón que se realizará exclusivamente para o alumnado que queira acceder aos estudos universitarios desde o bachillerato. 
Polo momento parece que están claras as materias obxecto de avaliación, así se establece no Artigo 3. que as probas versarán sobre as materias xerais do bloque das asignaturas troncales de segundo curso da modalidade elixida e, no seu caso, da materia Lingua Cooficial e Literatura. Os alumnos que queiran mellorar a súa nota de admisión poderán examinarse de, polo menos, dúas materias de opción do bloque das asignaturas troncales de segundo curso.


Proyecto de orden de la evaluación de Bachillerato para el acceso a la universidad para el curso 2016/2017

 Fonte: Mónica Diz Orienta

xoves, 8 de decembro de 2016

QUE QUERO SER? ORIENTACIÓN VOCACIONAL

UNITOUR: SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA


   O mércores 14 de decembro de 2016, no pazo de Congresos do Mar de Vigo celebrarase a 11ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo. 

O noso instituto xa está inscrito e asistiremos ao Salón UNITOUR cun grupo de alumnos/as de 2º de bacharelato. 

Horario de visita a UNITOUR: A visita será pola mañá e durará aproximadamente entre 1 hora e 1 hora e media. A saída do instituto será ás 11:40 horas e o regreso sobre as 13.40 horas.

UNITOUR é un lugar de encontro para axudar ao alumnado a deseñar o seu futuro académico e profesional a partir da correcta elección sobre tres cuestións fundamentais: quen quero ser?, que quero facer? e que quero estudar? 
En UNITOUR o máis importante é a decisión do alumnado, e o que intentamos é axudarlle. As distintas universidades ou escolas estarán nunha sala, cada unha terá unha mesa informativa, e en cada unha delas, o noso alumnado, e tamén os pais/nais poderán ter unha atención personalizada, un contacto directo para así poder resolver todas as dúbidas que se teñan sobre a oferta universitaria que posúe. Poderanse informar de todos os grados que ofertan as universidades públicas e privadas asistentes. Explicaranlles todo o que lles interese de cada grao ou universidade. Daranlle información de probas de acceso, becas, plans de estudos, acordos internacionais, ... 


mércores, 7 de decembro de 2016

luns, 5 de decembro de 2016

EDUCAR Y ORIENTAR Nº 5



O CUMPRIDOR DE DESEXOS

Comezamos a semana cun bonito curto de animación saído do prestixioso Ringling College of Art and Desing. Un curto precioso co que volveremos crer no amor, a ilusión e a maxia, perfecto para preparar os días que se aveciñan.
O seu título The Wishgranter Short Filme algo que poderiamos traducir como "O cumpridor de desexos".


INTELIGENCIA EMOCIONAL - EDUCACIÓN EMOCIONAL

     A intelixencia emocional consiste nunha serie de actividades que serven para apreciar e expresar de xeito xusto as emocións propias e as doutros, e para empregar a sensibilidade a fin de motivarse, planificar e realizar de xeito cabal a propia vida.
     A Intelixencia Emocional podería definirse como a capacidade que ten unha persoa de manexar, entender, seleccionar e traballar as súas emocións e as dos demais con eficiencia e xerando resultados positivos. É dicir, é a habilidade para gestionar ben as emocións. Tanto as nosas como as dos demais.
      Unha persoa que se enfada con facilidade, que se pon triste con frecuencia ou que non é capaz de controlar os seus impulsos... é alguén con mala intelixencia emocional. Pola contra, unha persoa que se coñece ben a si mesmo, que é capaz de pensar antes de actuar, que entende os seus impulsos, que os expresa con educación sendo sincero pero, á vez, conseguindo non afectar negativamente á xente que lle rodea...ou que é capaz de relativizar e sentir as cousas dunha forma sa...sería unha persoa con moi boa intelixencia emocional

https://dl.dropboxusercontent.com/u/63982154/Aula%20de%20Elena/Programa%20Guipuzcoa/09-Secundaria-12-14-anos.pdfhttps://dl.dropboxusercontent.com/u/63982154/Aula%20de%20Elena/Programa%20Guipuzcoa/10-Fichas-secundaria-12-14.pdf
https://dl.dropboxusercontent.com/u/63982154/Aula%20de%20Elena/Programa%20Guipuzcoa/13-Bachiller.pdfhttps://dl.dropboxusercontent.com/u/63982154/Aula%20de%20Elena/Programa%20Guipuzcoa/14-Fichas-bachiller.pdf

xoves, 1 de decembro de 2016

PROBAS DE ACCESO A UNIVERSIDAD

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e representantes da Comisión Interuniversitaria Galega (CIUG) e das tres universidades, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo para avanzar na coordinación da proba final de Bacharelato que substitúe ás actuais PPAU (coñecidas como “selectividade”), e que en Galicia se encargará de organizar a CIUG como o viña facendo ata o de agora.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explicou que o obxectivo desta xuntanza foi informar dos acordos acadados na Conferencia Sectorial de Educación que tivo lugar o pasado luns en Madrid, e deseñar unha liña de traballo conxunta e cooperativa co organismo interuniversitario de Galicia e coas universitarias para “concretar” todos aqueles matices pendentes para a execución da proba.
Román Rodríguez insistiu nunha mensaxe de tranquilidade para os alumnos e para as familias, xa que esta proba final de Bacharelato -que dá acceso á Universidade- será practicamente idéntica a de agora, “cun escenario, uns contidos e unha metodoloxía moi semellante á que se viña facendo”, abondou.
Tamén explicou que –xunto coas Universidades- se está a traballar na posibilidade de adiantar a xullo a convocatoria de setembro da proba, que se podería materializar a partir do curso 2017-18, xa que -segundo matizou o conselleiro- “este ano xa é de moitos cambios e quizá é precipitado facelo, pero si para o vindeiro curso”.

"APRENDO A ESTUDAR" CONSELLOS PARA ESTUDAR COS FILLOS

Onte tivemos a primeira xuntanza de Escola de Pais/Nais do IES A GUÍA, para as familias do alumnado de  1º e 2º ESO. O tema foi -"APRENDO A ESTUDAR" Consellos para estudar cos fillos-. 
Déixovos o tríptico que se entregou ás familias nesta reunión.

https://drive.google.com/open?id=0B_1TkBrQ0c6ycUVLWkxGOTNaYWs

FRASE DO DÍA


VISITA AO MARCO. MULLERES DO SILENCIO. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz

MULLERES DO SILENCIO. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz supón unha relectura actualizada da exposición A arte inexistente —comisariada por Rosario Sarmiento para o Auditorio de Galicia en 1995—, que reunía obras de artistas mulleres en Galicia no século XX. 
O alumnado de 2º bacharelato e 3º ESO estiveron visitando ao Marco o día 25 de novembro. 

https://drive.google.com/open?id=0B_1TkBrQ0c6yNlVOTlhETWFHUUE