martes, 27 de febreiro de 2018

OBRADOIRO SOBRE A PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIA

Hoxe pola mañá comezamos cos obradoiros sobre a prevención de drogodependencia e outras adiccións que organizamos xunto co plan local do concello.
Os diferentes cursos que traballaran neste tema son os de 2º, 3º, 4º ESO e FPB ao longo de 4 sesións que se levarán a cabo nas horas de titorías.  Desexamos que sexan do voso interese e que aprendades moitas cousas. 
Tamén temos preparada unha sesión para pais/nais dentro da escola de pais/nais para o día 7 de marzo 2018 (mércores); as familias como factor protector fronte ás drogas. 


4º ESO B: LUNS 26 febreiro, 5, 12, 19 marzo - 1º HORA (9:00 - 9:50)

3º ESO: MARTES 27 febreiro, 6, 13, 20 de marzo - 1º HORA (9:00-9:50)
4º ESO A: MARTES 27 febreiro, 6, 13, 20 de marzo - 2º HORA (9:50 -10:40)
1º FPB: MARTES 27 febreiro, 6, 13, 20 de marzo - 3º HORA (10:40-11:30)
2º ESO A : MARTES 27 febreiro, 6, 13, 20 de marzo - 4º HORA (12:00-12:50)

2º FPB: MÉRCORES 28 febreiro, 7, 14, 21 de marzo - 1º HORA (9:00 - 9:50)
2º ESO B: MÉRCORES 28 febreiro, 7, 14, 21 de marzo - 3º HORA (10:40 -11:30)

domingo, 25 de febreiro de 2018

xoves, 22 de febreiro de 2018

XORNADA DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA

As 10:00 h da mañá recibimos ao alumnado e profesorado do CEP Santa Tegra e CEIP Eduardo Pondal, centros adscritos ao noso instituto, para disfrutar xunto con eles dunha XORNADA DE ACOLLIDA.
No salón de actos a vicedirectora deulle a benvida ao noso centro, logo o orientador informounos sobre a nova etapa educativa que están a piques de comezar, a ESO.
Nesta actividade participou alumnado de 1º ESO ( Hugo e Miguel) e alumnado axudante de 2º ESO (Iria e Pablo) explicandolles as normas da aula, o uso da axenda escolar do instituto e tamén as distintas dependencias do centro. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Logo fixemos unha visita ás distintas aulas, aula de plástica, de francés, laboratorio de ciencias naturais, ... e a biblioteca, onde a profe Isabel tiña preparada unha explicación sobre a mesma e un xogo; e para rematar unha sorpresa.
Despois de tomar algo na cafetería do instituto conviviron co noso alumnado no recreo, e para rematar a foto de rigor na entrada do edificio. 
Deixovos un par de fotos para que vós vexades xa no novo instituto. 

INTELIXENCIA EMOCIONAL

Que entendemos por intelixencia emocional? 
Deixando un pouco de lado as orixes ou as raíces das que pode provir a educación emocional, en estudos máis recentes (1990) Peter Salovey e John Mayer son os primeiros en definir o término Intelixencia Emocional como "a capacidade para supervisar os sentimentos dun mismo dos demais, de discriminar entre eles e de usar esta información para a orientación da acción e os pensamentos propios". 
Daniel Goleman en 1995 no seu Best Seller intelixencia emocional defínea como "a capacidade para xestionar as miñas emocións, utilizar condutas adecuadas, dirixilas cara a obxectivos desexados cunha influencia positiva nas persoas e cun obxectivo win-win (gañar-gañar)" 
Segundo Goleman a intelixencia emocional comprendería cinco competencias repartidas en dous grandes grupos, por unha banda estarían: 
  • As competencias intrapersonales, que se dirixen cara a un mesmo, cara á xestión do propio mundo emocional e serían o autoconocimiento, a autogestión e a automotivación. 
  • As competencias interpersonales ou sociais, que van dirixidas a xestión da nosa relación coa contorna social no cal nos desenvolvemos e que nos capacitan para tomar conciencia dos sentimentos, necesidades e preocupacións dos demais.Serían a empatía e as habilidades sociais.

CHARLA BECAS FEUGA

Hoxe, en horario de mañá e tamén de tarde, tivemos unha charla no salón de actos para o alumnado de 2º curso de ciclos medios e ciclos superiores. Santiago foi o encargado de impartila, e o tema era AS BECAS FEUGA. 
Explicounos un pouco que tipo de becas eras as becas FEUGA, como se pode acceder a elas, requisitos, como facer un curriculo vitae, ...
FEUGA (Fundación Empresa- Universidade Galega).
FEUGA promove a través de becas de formación a inserción laboral de estudantes e titulados universitarios e titulados de Formación Profesional. Actúa de elemento condutor para que a transferencia de coñecementos circule entre os centros educativos e a empresa, neste caso, a través de recursos humanos.

Trátase dunha seña de identidade da Fundación e unha liña de actuación especialmente valorada, tanto polos alumnos como polas empresas. Proba diso son as cifras crecentes ano a ano de mozos/as solicitantes, de empresas participantes e de contratación laboral: ao término das estancias de formación en prácticas, máis do 50 % dos beneficiarios dunha beca atopan emprego.

Grazas

ANTONIO FRAGUAS "FORGES"


mércores, 21 de febreiro de 2018

INTELIXENCIA EMOCIONAL

http://www.eskolabakegune.euskadi.eus/c/document_library/get_file?uuid=bab135eb-9cb7-4f32-aa8d-290d7ed8f5f7&groupId=2211625http://www.eskolabakegune.euskadi.eus/c/document_library/get_file?uuid=bc51e1db-5caa-4633-b460-6ecdb2e3a442&groupId=2211625


COMO ELIXIR QUE ESTUDAR

PLAN DIRECTOR: ACOSO ESCOLAR E VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe tivemos as últimas charlas do PLAN DIRECTOR para este curso. Ás 10:30 h. comezamos cunha charla para 1º e 2º da ESO sobre o ACOSO ESCOLAR. A policia nacional Mónica foi a encargada de darnos a información.  O alumnado  estivo moi atento e fixo algunhas preguntas.
Ás 12:00 h acudiron ao salón de actos o alumnado de 1º e 2º de ciclo medio de actividades comerciais acompañados polos seus profesores para escoitas a charla sobre A VIOLENCIA DE XÉNERO. Unha cousa que lle chamou a atención foi a diferenza entre violencia de xénero e violencia familiar. 
En ocasións, as distintas denominacións dos malos tratos lévannos á confusión e empregamos indistintamente conceptos como violencia de xénero, violencia doméstica, de parella, cara ás mulleres, ou sexista. Con todo, non significan o mesmo. Refírense a cousas ben distintas. 
Non é o mesmo falar de violencia de xénero e de violencia doméstica porque unha apunta á muller e a outra á familia como suxeitos de referencia. Por iso, a violencia doméstica é a que se produce na casa, o fogar. E pódea exercer e sufrir calquera dos membros do núcleo familiar, é dicir, unha nai sobre os seus fillos ou un neto sobre o seu avó. 
 A violencia de xénero, en cambio, é aquela que se produce contra a muller, polo feito de selo, tanto dentro como fóra de casa, no traballo ou en calquera outro ámbito da vida pública. Este tipo de violencia se fundamenta na suposta superioridade dun sexo sobre outro e as súas manifestacións son moi variadas.

venres, 16 de febreiro de 2018

PROTOCOLO DE COORDINACIÓN E COOPERACIÓN INSTITUCIONAL FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Protocolo de coordinación e cooperación institucional fronte á violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia. Este protocolo expón o proceso de intervención para cada unha das cinco áreas: Educativa, Sanitaria, Forzas e Corpos de Seguridade, Xurídica e Social. Tamén explica como debe de ser unha actuación de emerxencia ante unha situación de violencia de xénero nun centro educativo.
https://drive.google.com/file/d/1idfFpNyfFWne1lfvSAQvG_lKm3B71EL1/view

DOBRES GRAOS EN GALICIA


  • OFERTA DE DOBRES GRAOS EN GALICIA:
GRAOS DOBRES UDC
(Universidad de A Coruña)
Campus
Nº Prazas
Nota de corte 2017
Coruña
60
10.716
Coruña
25
7.480
Coruña
10
11.919
Coruña
10
5.000
Coruña
20
6.840
Coruña
5
7.320
Coruña
5
7.666
Ferrol
12
5.648

GRAOS DOBRES USC
(Universidad de Santiago de Compostela)
Campus
Nº Prazas
Nota de corte 2017
Lugo
10
7.200
Lugo
10
10.680
Santiago
10
11.640
Santiago
10
12.942
Santiago
20
10.360
Santiago
10
12.800
Santiago
10
13.356
Santiago
20
11.850
Santiago
10
11.261
Santiago
10
11.344

GRAOS DOBRES UVIGO
(Universidad de Vigo)
Campus
Nº Prazas
Nota de corte 2017
Ourense
16
7.091  
Ourense
20
9.241
Ourense
10
5.000
Vigo
40
10.490


Fuente: Mónica Diz Orienta

sábado, 10 de febreiro de 2018

venres, 9 de febreiro de 2018

PROFESOR / A


AXUDAS PARA A ESO E BACHARELATO PARA FORMARSE EN LINGUAS ESTRANXEIRAS: INGLÉS, FRANCÉS E PORTUGUÉS

A Consellería de Educación publicou a ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en lingua estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. 
 REQUISITOS: 
 • Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia. 
• Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/17. 
• Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa. 
• Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de centros plurilingües. 
• Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade. • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 
• Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte. 
CONCEPTOS FINANCIADOS 
• No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos. 
• Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade. 
• Os gastos de docencia e o material escolar. 
• As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos. 
• Os gastos de mantenza e aloxamento. 
• O certificado de realización da actividade. 
• O seguro de accidentes e de responsabilidade civil. 
• As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG). 
DATAS: 
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2018, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2018/19. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado. 
PRAZO E SOLICITUDE: 
Ata o 7 de marzo de 2018.. A solicitude realízase en liña ou presencial. 


martes, 6 de febreiro de 2018

VISITA A USC

Hoxe, o alumnado de 1º de bacharelato coas súas titoras e o orientador do centro, estiveron de visita por Santiago. Pola mañá percorreron diferentes facultades para coñecer a organización dos graos e a propia facultade; logo xantamos nun comedor da universidade e pola tarde fixemos unha visita polo patrimonio da USC: Fonseca, biblioteca, paraninfo da facultade de xeografía e historia, ...
Pasámolo ben.